O sábado 16 de febreiro, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz unha gala benéfica co fin de recadar fondos a favor de Cáritas Interparroquial (Alfoz-Valadouro) que colabora coas familias máis desfavorecidas destes concellos. Durante a gala desfrutarase da actuación musical de Tono Alonso e do grupo humorístico Trípode. Fila cero para aquelas persoas que queiran colaborar desinteresadamente cun donativo económico.
Acto benéfico en Alfoz