“La Bella y la Bestia” fixéronse con 450 euros correspondentes ao primeiro premio da categoría carrozas do Concurso de disfraces do Antroido 2013 organizado polo Concello de Xove e celebrado o sábado 9 de febreiro. “Musical Rey León” alcanzaron a segunda posición á que lle corresponden 250 euros e “Verano Azul” fíxose co terceiro premio dotado con 150 euros.
Entre as comparsas e grupos de 10 ou máis persoas foi “A Medela Rusa” a que se fixo co primeiro premio dotado con 250 euros onde “Vacaciones en el mar” alcanzou a segunda praza que contaba con 200 euros de premio. “As Monecas de Corda” e “Os esquimais van a Corea” foron destacados na terceira posición onde recibiron 125 euros cada un.
“Os recordos do pobo”, “Que tempos aqueles”, “O circo do Ángel… que Cristo!” e “Os piratas de Xove” foron os grupos de 3 a 9 persoas que resultaron destacados no desfile. Os primeiros recibiron 110 euros, os segundos 80 e os dous últimos (clasificados ambos en terceira posición) recibiron 50 euros cada un.
Por parellas, “As Vieiras” lograron clasificarse en primeira posición polo que recibiron 60 euros. “Recicla e deseña” fixéronse cos 50 euros do segundo premio; mentres que “Ratoncitas” e “Sr. e Sra. Buho” recibiron 40 euros ao clasificarse en terceira posición ambos.
“En crisis abuela Canguro” foi destacado co primeiro premio na categoría de adultos individual recibindo 50 euros de premio. “Pingüino” fíxose con 40 euros pertencentes ó segundo premio, mentres que “León” recibiu os 30 euros do terceiro premio.
Finalmente, na categoría individual infantil, entre as nenas destacaron a participación no desfile de Xove de “Princesa Cisne” co primeiro premio dotado con 40 euros, “Cisne Negro”, coa segunda posición e 30 euros; e “Carapuchiña Vermella” e “Zíngara” co terceiro premio no que se reparten 40 euros. E, entre os nenos, “Tadeo Jones” alcanzou a primeira posición recibindo 40 euros de premio, “O Lapiceiro” a segunda dotada con 30 euros e “Pirata” e “O Silfo, un espíritu do bosque” a terceira posición na que se repartiron outros 40 euros de premio.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



