Entre as actividades do Instituto Perdouro para celebrar a festividade de San Xoán Bosco, a Asociación Cultural “Os Matos” convidou ao director da Escola Municipal de Música de Foz, Arcadio Mon García, a ter un encontro con alumnos de 4º de ESO para falar da súa experiencia profesional dentro do mundo da música. Ao remate do encontro, varios alumnos entusiastas da música, aproveitaron a ocasión para charlar co convidado de forma distendida, cousa que Arcadio agradeceu e os rapaces quedaron moi satisfeitos coas súas palabras. O acto foi moderado polo presidente da AC “Os Matos”, Antón Niñe, e contou coa colaboración do equipo directivo do IES Perdouro.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



