Dimitiu o Papa de Roma, eu en ocasións anteriores xa falara do noxo do Papa ante a corrupción do clero, miles de casos de pederastia denunciados en todo o mundo, e os problemas para sanear e “blanquear” as contas da Banca Vaticana. Hoxe estas poderosas razóns poderían estar detrás da intención do Papa de renunciar ao cargo de xefe da Igrexa e do pequeno estado do Vaticano. ¡Pero ninguén esperaba que o fixese tan axiña!
Talvez a pinga que colmou a súa paciencia sexa ver a dous dos seus mais íntimos colaboradores, o mordomo Paolo Gabrielle e o banqueiro de Deus, Gotti Tedeschi, detidos e expulsados dos seus cargos en medio dunha guerra cocha entre as distintas faccións da Curia que non están de acordo coa política de transparencia do Papa alemán. Hoxe sabemos que, en realidade, o mordomo non foi un traidor ao Papa, senón todo o contrario: un peón dentro dunha gran partida de xadrez para frear a reforma da Banca Vaticana prometida por Ratzinger. ¡O mordomo sería o encargado do Papa para dar a coñecer ao mundo os manexos dunha parte da Curia romana para frear a citada reforma debido aos numerosos intereses en xogo!
Ao final, no medio desta guerra, xunto ao mordomo, caeu o obxectivo dos conspiranoicos, o director da Banca Vaticana, Gotti Tedeschi, un milanés, membro do Opus Dei, de honestidade probada, ao que o Papa encomendara limpar as contas do Estado Vaticano, pero as potencias escuras obrigáronlle a dimitir humillando, de paso, ao “santo pai”. Din que cando Gotti se foi de Roma, Ratzinger derramou as súas primeiras bágoas en moitos anos, pois era un home da súa confianza e un amigo fel. Isto deixoulle tocado e empezaría a tomarse moi en serio renunciar á cadeira de Pedro, algo insólito na Historia da Igrexa e que non se producía desde o S. XV. Así, pois, asistimos a un feito histórico que pouca xente viviu para contalo.
Por si todos estes problemas eran poucos, a semana pasada o xornal londinense, The Guardian, destapaba outro escándalo financeiro da Igrexa. Trataríase da compra de varios edificios luxosos na zona mais exclusiva de Londres, a zona de St.James, en 2006, ¡con diñeiro de Mussolini!. Si, como o leen. Segundo o xornal británico ese diñeiro foron uns 700 millóns de dólares que o Duce daría ao Papa Pío-XI a cambio de que a Igrexa “bendixese” o fascismo italiano. Como así fixo.
Alfonso Otero Regal


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



