A presidenta da Asociación Mulleres en Igualdade de Burela, Mary Fraga, destaca o gran ambiente e as moitas aportacións recibidas para o banco de alimentos durante a cea de Comadres. Unhas 60 mulleres asistiron ó evento solidario organizado polo colectivo. Aproveitan para recordar que aquelas persoas que o desexen poderán participar na súa próxima cita que terá lugar o sábado 23 ás 12 do mediodía na antiga Biblioteca. Trátase dunha charla informativa orientada á alimentación e prevención. Colaborarán como ponentes: Alba Vila Reija (dietista e nutricionista) e un osteópata (aínda sen confirmar o profesional).
