Carlos Fernández Louzao.- Hai uns días o ministro de facenda, Sr. Montoro, presentou o proxecto de lei para a regulación da administración local. Falando do caso que nos afecta, o Concello de Xove, que conta con 3.512 veciños, o alcalde pasaría de cobrar 54.127’36 euros ó ano máis uns 400 euros en dietas ó mes, que en total son case 60.000 € brutos ó ano (10.000.000 das antigas pesetas) a cobrar 30.000€ brutos anuais, que facendo una conta “así por enriba”, son uns 1700€ mensuais, iso si, con 14 pagas, 12 máis as dúas extras de xullo e decembro. Amáis diso, Xove quedaría cunha soa dedicación exclusiva, no canto das dúas enteiras e dúas medias que ten agora. Polo tanto, dos case 150.000€ que se gastan ó ano en pagar os salarios e a seguridade social desas catro dedicacións, pasaría a gastarse 42.000€ no salario e na seguridade social do señor alcalde; diferenza: 150.000 menos 42.000 dan 108.000€ (ou algo máis de 17.000.000 de pesetas se o prefiren así). Iso si que é aforro!
Pois ben, ó señor alcalde isto non lle parece ben pois considera que o seu traballo non estaría pagado con 30.000€/ano; quéixase que hai dous anos que non ten vacacións, e eu digo: “bueno, será que quere estar en todos os lados”, porque con 8 concelleiros que ten o PP en Xove, ben poden repartir o choio ou?, que hai algún evento deportivo… pois terá que ir a concelleira de deportes; que hai que ir algún acto dalgunha asociación social… pois irá a concelleira de asuntos sociais; que hai algún curso de agricultura ou gandeiría… pois terá que ir a concelleira dese departamento; e así con todo, o que non se pode é considerar que es imprescindible en todos os asuntos que ocorren no concello, que quen é un bo gobernante é aquel que sabe delegar responsabilidades e repartir o traballo na xente que ten por debaixo, e cos concelleiros que ten o PP en Xove, ten xente abondo para facelo.
Igual todo o rebumbio que hai agora, dentro duns días queda en nada, porque se enfadan e alporizan os señoritos alcaldes, poñendose en contra dos que mandan no PP, e claro, os que mandan tampouco queren que se lles poñan en contra os de abaixo que bastante teñen con BÁRCENAS e con todos as leas de corrupción que hai por enriba.
Pero eu agardo que a xente non esqueza o que pensa o noso alcalde: que 1.700€ ó mes limpos non é abondo para una persoa que dirixe un concello con 3.512 veciños. Pois sinceiramente, eu penso que é un soldo decente, e tamén penso que hai moita xente que faría de alcalde por ese mesmo soldo.
Non esquezamos tampouco outro aspecto desta pretendida lei para regular a administración local: “O presuposto deste ano so pode ser o 1’7% superior ó do ano pasado”. E que facemos entón cos 2.000.000 de euros que ten o concello aforrados?!, porque so falta que veña algún espabilado dos de enriba e diga: “Bueno, Viveiro debe cartos e Xove ten ahí dous millóns que non pode gastar… pois para Viveiro!”.
Non poderían estar invertidos eses dous millóns que están ahí no banco en ampliar o polígono, invertidos en sistemas para atraer empresas que traian postos de traballo e beneficios ó noso concello, cedendolle terreos gratis por un tempo, facendolles reducións fiscais…? Porque hai que prepararse para cando Alcoa peche, que non será mañá, nin o ano que ven, pero algún día pechará, e que será de Xove entón se no se invirten cartos para ir asentando outras empresas aquí?
Pénseno e reflexionen que o tema da para moito.
Carlos Fernández Louzao


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



