Como vén sendo tradicional, mañá día 1, primeiro venres do mes de marzo, celebrarase o día das Tres Gracias (arraigada tradición popular na que se formulan ó santo tres desexos) na capela da Misericordia de viveiro, onde se venera a imaxe do Santo Ecce-homo, que tanta devoción a profesa en toda a comarca. Desde primeiras horas da mañá e ata á noite, os fieis visitarán a capela para formular as Tres Gracias ou tres desexos (que segundo di a tradición se cumpre un deles). Ademais, a primeira misa terá lugar pola mañá a partir das 12. E xa pola tarde celebraranse dúas misas, unhas ás seis e media e outra ás oito e media.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



