O Vicecoordinador de Relacións Políticas de Espazo Ecosocialista, Juan Martinez, e a Vicecoordinadora de Relacións Sociais, Chus Boo, asistirán este sábado 23 ao encontro de ESPAZO PLURAL que se celebra en Sevilla.
Espazo Plural é unha alianza de forzas de esquerda renovadora de ambitos nacionais do estado ( ICV de Catalunya, Iniciativa Vers de Baleares, IPV-Compromís de Valencia, Chunta Aragonesista, Primavera Andaluza e o propio Espazo Ecosocialista).
Na reunión deste fin de semana se pretende aprobar unha declaración na liña na que xa se ven pronunciando Espazo Ecosocialista nos últimos días da necesidade de vertebrar iniciativas comúns diante da situación política e a necesidade de abrir un novo proceso constituínte que rexenere a política e sitúe no centro do debate a democratización da democracia.
Nese mesmo senso, Espazo Ecosocialista vaise dirixir ás forzas que conforman AGE e a outras forzas progresistas (Abrente, CxG e NSG) para remitirlle o informe sobre radicalidade democrática e participación cidadá e plantexarlle a necesidade de construír unha ampla alianza nacional e democrática cara a liderar desde a esquerda un novo proceso constituínte no que a radicalidade democrática sexa a chave e Galicia non quede unha vez máis relegada.
Ademais tamén fará chegar o documento a medio centenar de organizacións sociais e cívicas para recoller as súas propostas ao documento.
O documento de Espazo Ecosocialista sitúa na radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, cultura de paz e plurinacionalidade os eixes principais sobre os que debemos vertebrar un novo proceso constituínte para o século XXI que cada vez reclaman máis sectores da nosa cidadanía.
ESPAZO E EU APOSTAN POR FORTALECER AGE
Para Espazo Ecosocialista, Alternativa Galega de Esquerda é o xermolo desa alianza unitaria, situada programaticamente na esquerda e sobre un proxecto nacional que supere as diferentes visións arredor do eixo nacional.
Nese senso, na primeira xuntanza celebrada entre unha delegación da permanente de Espazo Ecosocialista e a Executiva de Esquerda Unida celebrada onte mércores 20 de febreiro abordouse a necesidade de impulsar a vertebración do proxecto de AGE co fin de mellorar as relacións coa cidadanía, existindo unha ampla coincidencia nas posturas expresadas polas direccións de ambas forzas.
Por último, a Permanente de Espazo Ecosocialista acordou apoiar as mobilizacións cidadás do 23-F contra o golpe de estado financeiro e o secuestro por parte dos ‘mercados’ (oligopolios) desde o convencemento de que lle corresponde aos movementos e organizacións sociais o protagonismo central nesta iniciativa.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



