
O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta tarde unha xuntanza institucional sobre a praia das Catedrais, que foi convocada días atrás polo alcalde, Fernando Suárez. Na súa intervención inicial o rexedor dixo que “non se trata de pedir cartos, o que queremos é que, entre todos e liderado por quen queirades, isto non sexa un momento único, senón que dentro dun ano lle poidamos enviar a Pia Bucella actas de acordos que xeneremos aquí entre todos desde este preciso momento”.
Pola súa banda, a directora xeral de Natureza e Biodiversidade da UE, Pia Bucella, amosouse disposta a colaborar, “si hai algo que poidamos facer desde a UE para garantir que se aplica ben a lexislación comunitaria sobre a natureza e si teñen algún tipo de expectativas pola súa parte non dubiden en facérnolas chegar”.
Ao encontro desta tarde asistiron tamén o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; a vicepresidenta segunda da institución provincial, Lara Méndez; o xefe provincial de Costas, José Miguel Esteban Dolls; Ignacio Samper, director da oficina do Parlamento Europeo en España; Antonio Callejo, xefe de servizo da Consellería de Medio Ambiente en Lugo; e os edís de Turismo e Medio Ambiente de Ribadeo, Ana Martínez e Horacio Cupeiro, respectivamente.
O alcalde de Ribadeo demanda do conxunto das administracións un plan de acción e un modelo de xestión para As Catedrais, control e atención á protección medioambiental do entorno, programas de educación e sensibilización medioambiental, atención e información turística e oferta de produtos e de actividades destinadas ao turismo que visita a praia das Catedrais.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



