O portavoz do grupo municipal do partido Independientes de Viveiro (iVi), Guillermo Leal Arias, expón que levarán a cabo unha serie de preguntas e peticións sobre o Concello.
Dado que volve a estar máis metade do pobo levantado polas obras nas súas estradas, preguntarán se ten o Goberno Municipal en mente estudar a posibilidade a que cando se fagan as zanxas, meter os tubos necesarios, para evitar que de cada pouco non esteamos sempre con obras e buratos, quedando os firmes a remendos, enviando comunicación as empresas que podan estar interesadas.
A colación con este tema, pedirán que se conteste cando se vai reparar o firme na estrada que vai dende Magazos a Landrove polas obras dos tubos do gas natural.
ROGOS
Foron varios veciños os que nos indicaron a posibilidade de adecentar a baixada do camiño que vai dende a carreteira xeral, en Celeiro ata a fonte da cova caída en Lavandeiras, xa que esta bastante perigoso. Por elo rogan ó goberno municipal para que faga as xestións oportunas para o arranxe de dito acceso.
Así mesmo na zona dende a curva de Xunqueira, na acera da marxe esquerda, en dirección a Magazos, as aceras presentan bastantes buratos, polo que ROGAMOS que se tome nota e que arranxen o antes posible.
Na rúa Lodeiro, hai varios baches que cada vez son máis profundos. Rogan tamén o arranxo dos mesmos na maior brevidade posible.
Como sexa que xa hai moito tempo que faltan varias farolas tanto na curva da misericordia, como na variante e agora tamén na ponte da mesma variante, rogan ó Goberno Municipal que se fagan as xestións para repoñer as mesmas canto antes.