Dende Independentes polo Val solicitaremos de forma oficial para o vindeiro pleno que se actualice o censo do concello de forma real.
Alfoz é un concello que por causa da nefasta xestión que se está levando, está perdendo poboación de forma acentuada, o últimos datos poñen a cifra do censo nos 2030 habitantes, pero de poñelo ó día con data de hoxe, de seguro que estará por baixo dos 2000 habitantes, e dicir que xa estaremos falando dun concello de inferior categoría.
“Dubidamos que se tente manipular os censos por alcaldes como o de Alfoz, que ven perigar miles de euros do seu soldo, tan só por que o concello teña uns habitantes menos. Xa que coa actual reforma do pp pasaría a cobrar 20.000 euros brutos, cando na actualidade estalle custando ós veciños 50.000 euros anuais (38.000 brutos de salario + 12.000 euros de seguridade social) e dicir tería un custe un 60% menos que na actualidade, deixaría de custarlle ós veciños 30.000 euros menos ó ano”.
Unha vez máis podemos ver cal é o interese real de certas persoas por estar nas institucións, cando debería ser por vocación de servizo público, vese que é por conseguir un enriquecemento persoal das institucións que non conseguen coa súa labor profesional.
O mellor que lle pode pasar a sociedade é que todas estas persoas que ameazan con irse da política por un soldo, se marchen dunha vez.
“Dende IpV dubidamos do manexo do censo que se produza no futuro en Alfoz, debido a que tan so a variación de unhas poucas persoas pode supoñerlle ó alcalde unha diferencia de miles de euros de salario, e máis cando se está vendo o interese que teñen certas persoas en gobernar”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



