O GOBERNO LOCAL TIVO MÚLTIPLES FERRAMENTAS PARA IMPEDIR A CONSTRUCIÓN NA PARCELA ANEXA AO MUSEO DO MAR QUE NON USOU
OS NACIONALISTAS COMPARTEN A PREOCUPACIÓN POLA DESFEITA URBANÍSTICA NO CONCELLO QUE VEÑEN DENUNCIANDO DENDE FAI ANOS
Cervo, 2 de febreiro de 2013. O BNG de Cervo explicou hoxe que o goberno municipal tivo múltiples ferramentas para impedir a aprobación dun Estudo de Detalle presentado por un particular que pretende a construción dun edificio de cinco andares na parcela anexa ao Museo do Mar de San Cibrao e non as utilizou, a última o seu voto xa que foron os únicos que aprobaron, primeiro en Xunta de Goberno e posteriormente no pleno municipal, o referido instrumento urbanístico a pesar de contar cun informe xurídico encargado polo propio alcalde que recomendaba a non aprobación e moito menos nas condicións requiridas pola solicitante. Os nacionalistas comparten a preocupación polo impacto dun edificio como o que se pretende na zona e engaden que isto non é novo xa que levamos denunciando dende fai moitos anos os efectos da política urbanística do goberno local que sigue negándose a avanzar na redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal metido nun caixón do concello dende fai oito anos e que evitaría este moitos outros problemas existentes no concello.
O GOBERNO LOCAL LEVA OITO ANOS COA REDACCIÓN DO PXOM METIDA NUN CAIXÓN DO CONCELLO E O CONCELLO PAGA AS CONSECUENCIAS.
Os nacionalistas denunciaron que a desfeita urbanística que hoxe vemos no concello de e nomeadamente en San Cibrao non sería tal si o goberno local fora dilixente e non tivera como ten o Plan Xeral de Ordenación Municipal metido nun caixón dende fai oito anos. “En concreto referíronse aos terreos do solar anexo ao Museo do Mar que no PXOM figuran como solo dotacional e por tanto impedirían usos espúreos e os efectos negativos sobre o museo e sobre a propia Praia do Torno.” “A paralización intencionada e sen xustificación na tramitación dese documento por parte do PP trouxo ao concello efectos tan desastrosos como a desfeita no Castro da Atalaia, a urbanización de Pasillo Verde ou a posibilidade de construír un edifico de cinco andares ao pé do Museo do Mar.”
A SEGUNDA FERRAMENTA QUE O PP PUIDO USAR FOI O SEU PROPIO VOTO IMPEDINDO A APROBACIÓN DO ESTUDO DE DETALLE E TAMPOUCO O FIXO.
O BNG lembra que os membros do goberno local tiveron ocasión de usar unha segunda ferramenta “impedindo cos seus votos a aprobación do Estudo de Detalle proposto para a parcela e tampouco o fixeron, os seus votos foron suficientes para aprobalo xa que contou co voto en contra da oposición.” Puntualizan que “o goberno local contaba cun informe xurídico encargado polo propio alcalde que desaconsellaba a súa aprobación e moito menos tal e como foi presentado pola demandante”que entre outras consideracións apoiase na sentenza do Tribunal Supremo de 3 de marzo de 1982 RJ1982/1663.
Os nacionalistas cualificaron a actitude do goberno local de “covardía política” ao “non atreverse a confrontar a defensa do ben público co privado, favorecendo neste caso á iniciativa privada que ten dereito a defender os seus dereitos pero a administración debe defender o público”. O BNG cuestiona a actitude do goberno local que unha vez aprobado o Estudo de Detalle e por tanto dando mais valor á parcela inmediatamente traslada as responsabilidades a outras administracións, neste caso a Deputación, para que os libre do problema mercando a parcela á que lle acaban de multiplicar o seu prezo.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



