Dende o BNG de Trabada consideramos vergoñento que o alcalde do noso concello este mais preocupado polo seu salario que polos nosos veciños, e polo que se ve esta en política polo seu interese e non para solucionarlle os problemas a xente.
Moito lle preocupa que coa reforma da lei da administración local o seu soldo quede nuns 20.000 euros brutos anuais e os nacionalistas criticamos que o señor Ginzo lle pareza pequeno este salario pois cos tempos que corren con este soldo moitos dos nosos veciños estarían dispostos a repartilos entres dous e así contarían con traballo e non estarían desempregados
O que no BNG nos causa mais malestar e que diga que vai pedir explicacións o seu partido e deixar a actividade política se tocan o seu soldo, aquí queda claramente demostrado que exerce de alcalde polo seu propio interese pa ter un bo nivel de vida non preocuparlle nin o mais mínimo Trabada.
Nos preguntámoslle por que non lle pediu explicacións o seu partido ou o señor Feijóo por exemplo cando recortaron a os nosos veciños en axuda o fogar, anularon a axuda en tele asistencia ou mesmo cando nos presupostos da xunta Trabada queda esquecida ano tras ano e así deixando de facer cousas polo interese dos nosos veciños coma as vivendas sociais longamente prometidas e tamén coma chegar a un acordo pa o arranxo da ponte da Ria de Abres.
Ou coma cando dende a xunta de Galiza se bloquean proxectos como da residencia da terceira idade que a Deputación pretendía construír no noso concello, ou as pontes de Trabadela que xa levan tres anos derruídas e cada poucos meses sae na prensa contando o de sempre que agora si que hai acordo coa consellería de medio ambiente para facelas pero a realidade e que o tempo vai pasando sendo incapaz de pedir explicacións nin dalas de para cando verdadeiramente se iniciaran as obras.
Cantas veces se ten visto o señor Yanes Ginzo apoiando publicamente o sector gandeiro o cal verdadeiramente si viu como se lle reducían drasticamente o seus ingresos nos últimos anos e tamén cal e o apoio que ten mostrado os diferentes obreiros de Trabada en situación de ERE, desemprego ou noutros veciños con mala situación económica.
Por iso dende o BNG creemos inxustas as preocupacións de Ginzo e que ser alcalde dun pobo significa preocuparse por el non polo seu propio interese.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



