A Mariña, 8 de febreiro de 2013.- O petroglifo de Monte, o primeiro inventariado no concello de Xove, atópase nunha rocha da finca denominada “Casa do Cura”, en Penas Agudas (parroquia de Monte).
Este petroglifo foi incluído polo Servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura no Inventario de xacementos arqueolóxicos coa denominación “petroglifo do Monte” coa clave GA27025030.
Os petroglifos son gravuras feitas nas rochas.Trátase da manifestación artística máis xenuína da prehistoria de Galicia. A maioría destes xacementos datan da Idade do Bronce e, aínda que se atopan en todo o territorio galego, abundan especialmente nas Rías Baixas.
A rocha da “Casa do Cura” ten gravados 18 buratiños semiesféricos, coñecidos como coviñas ou cazoletas, e varias liñas serpentiformes. Este é o primeiro petroglifo descuberto en Xove que ven a sumarse aos xa dados a coñecer por Mariñapatrimonio: O do castro da Atalaia (San Cibrao); o do castro do Coído, os do castro de Rueta e o reticulado de Langoira (Cervo); os do castro de Burela e os podomorfos nas Anzas (Ribadeo).
O petroglifo de Monte, ao incluíreno no Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia, goza da máxima protección por tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC).
Este achádego, que confirma a riqueza arqueolóxica da nosa comarca, aporta novos datos para o estudo desta interesante manifestación cultural da prehistoria na Mariña.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



