O Pleno aprobou, cos votos a favor dos Deputados de PSOE e BNG fronte á negativa dos representantes do PP, instar á Xunta a que cofinancie en Lugo os servizos sociais e as políticas activas de emprego ó igual que fai nas restantes provincias galegas. O Deputado socialista Álvaro Santos explicou que o Goberno Provincial levou á sesión de hoxe unha moción neste senso tras coñecer que o Executivo autonómico concedeu no 2012 máis de 13 millóns de euros para estas prestacións na Coruña, Pontevedra e Ourense mentres “outorgou cero euros a esta provincia, discriminando claramente ós lucenses”.
O PP confirma unha única área sanitaria
PSOE e BNG aprobaron esixir á Xunta que manteña as áreas sanitarias de Monforte e A Mariña con todas as súas competencias, servizos, especialistas, así como as condicións laborais dos seus traballadores. O PP lugués abstívose na votación da moción presentada polo Goberno Provincial ó tempo que confirmou, durante a súa intervención no Pleno deste martes, que o Executivo autonómico si creará unha Área de Xestión Sanitaria Integrada en Lugo.
Autovía Lugo-Santiago
Tampouco o Partido Popular quixo demandar ó Executivo Central que impulse a execución da Autovía Lugo-Santiago cunha dotación económica que permita acelerar a posta en marcha da A-54, “vital para a vertebración da Galicia interior”. Socialistas e nacionalistas sacaron adiante en solitario esta moción coa que a Deputación tamén esixe a Fomento que arranxe os desvíos por estradas provincias danados como consecuencia das obras.
Lei de Emerxencias
O Goberno Provincial votou en contra dunha moción presentada polo Partido Popular para habilitar un fondo que atenda obras de emerxencia ó ser esta unha cuestión que xa contempla a Lei de Emerxencias de Galicia de 2007. Os voceiros provinciais socialista e nacionalista, Manuel Martínez e Mario Outeiro, respectivamente, explicaron á voceira popular, Elena Candia, que con anterioridade ambos partidos políticos tamén presentaron varias inciativas neste senso que foron respostadas polo anterior Goberno galego coa creación desta normativa e cun programa de medidas específicas de actuación nesta materia. O actual Executivo autonómico, que xa non ten en marcha o paquete de accións de colaboración do Bipartito, mantén a Lei de Emerxencias que establece que as compentencias nesta materia son da Xunta, a través da Axencia Galega de Emerxencias. Martínez sentenciou “non pretendan, ó igual que fan cos servizos sociais, que a Deputación tamén neste caso asuma as competencias do Goberno galego. Diríxase en todo caso ós seus compañeiros na Xunta ou ben péchena porque ós lucenses non lles vale para nada. Están delatando ós seus compañeiros”.
O PP ten que retirar a súa moción
O Partido Popular tivo que retirar a moción na que reclamaba á Deputación que remitise ó Sergas os certificados sobre os servizos prestados para a institución luguesa polos traballadores dos hospitais San José e San Rafael logo de comprobar que o organismo lugués non poden enviar esta documentación ata que a Xunta non lle remita en primeiro lugar os expedientes destes profesionais. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, lembrou que no convenio que Xunta e Deputación de Lugo ratificaron para a transferencia dos hospitais provinciais acordouse remitir ó Sergas todos os expedientes dos traballadores transferidos.
José Luis Raposo, novo Deputado
No Pleno de hoxe tomou posesión como deputado provincial José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro, converténdose no terceiro membro do Goberno Provincial da Montaña, xunto a José Fernández (Navia de Suarna) e Manuel Martínez (Becerreá), en mostra do compromiso do Executivo de Gómez Besteiro con esta zona luguesa que, debido á dispersión da poboación e ás condicións orográficas, require de actuacións específicas que garantan a igualdade de condicións e oportunidades ós veciños. José Luis Raposo Magdalena naceu o 11 de xullo de 1957 en Riocereixa, no Concello de Pedrafita. Vencellado ó PSdeG dende 1983, é alcalde deste Concello da Montaña dende hai 26 anos tras ganar, sempre por maioría absoluta e ata en 7 ocasións, todas as eleccións municipais dende 1987. Actualmente, o rexedor é membro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE en Lugo, así como Secretario Xeral deste partido en Pedrafita do Cebreiro. Dende hoxe, integra a Corporación Provincial como deputado socialista polo partido xudicial de Lugo, sendo parte activa no 2º mandato progresista da historia da Deputación luguesa.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



