O PP de Mondoñedo interésase pola legalidade da prórroga do contrato da persoa que está a elaborar a contabilidade municipal xa que pode incumprir o proceso de transparencia e libre concorrencia.
Mondoñedo, 19 de febreiro de 2013- A prórroga do contrato asinado con data 14/05/2012 para a realización de traballos de actualización de contabilidade municipal impide a participación no proceso de selección doutras persoas, polo que pode incumprir o proceso de transparencia e libre concorrencia. Así o puxeron de manifesto os populares, que pedirán en pleno transparencia e legalidade sobre este proceso.
Asemade, o Partido Popular tras ter coñecemento da prórroga do citado contrato, que inclusive pode incumprir o Plan de Axuste do Concello de Mondoñedo, e co obxecto de velar porque o procedemento sexa o correcto, solicita acceso ao contrato, expediente de contratación, información sobre a financiación do contrato e informe xurídico que avale a legalidade.
Asemade, os populares pediranlle en pleno ao bipartito que dea conta da contía que leva gastado en facer a contabilidade local durante máis de seis anos e que a día de hoxe non se deu actualizado. Os populares aseguran que o feito de que o gasto siga reparado, a contabilidade en actualizar, e inclusive, os resultado desproporcionado de remanente de tesourería, en algunha exercicio, deixa en evidencia a credibilidade dos documentos elaborados ata o momento.
Os populares lembran que mentres outros concellos elaboran a contabilidade con medios propios, o bipartito leva gastado, segundo datos do PP, máis de 40.000 euros primeiro na contratación dunha empresa externa para a actualización da contabilidade; máis de 30.000 euros aboados pola Deputación o ano pasado para a contratación dunha persoa; ao que hai que sumarlle outras facturas aboadas por outras empresas que facturaban, sen ter coñecemento o Partido Popular, do contrato que amparaba tales facturas.
Os populares aseguran que estas elevadas cantidades económicas, que segundos os datos que manexa o PP, e a espera de comprobar, superan os 12 millóns de pesetas, poñen en tela de xuízo a transparencia e incluso posibles irregularidades nas adxudicacións e na selección do persoal que está a facer a contabilidade.
Os populares lamentan a elevada contía de diñeiro público investida, nun procedemento de actualización da contabilidade sen “acabarse de ver a luz do final do proceso”. Os populares amósanse moi críticos con esta situación, tendo en conta que mentres os concellos de Galicia fan a contabilidade cos medios propios, e cando precisan axuda solicitan medios persoais á Deputación; o bipartito en Mondoñedo opta por pedir diñeiro, que logo empregan en contratación de persoal, sen dar a oportunidade de presentar as persoas garantindo a libre concorrencia.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



