O secretario provincial de Sanidade do PSdeG-PSOE en Lugo, Miguel Rodríguez Lois, o coordinador da sectorial de Sanidade na provincia, José Luis Rodríguez e outros membros do partido reuníronse esta tarde na sede socialista con representantes e veciños integrantes da Plataforma SOS Sanidade Pública nas áreas de Monforte e Burela, para escoitar e apoiar as súas demandas como coñecedores en primeira persoa das necesidades nestas zonas. Despois da reunión, Rodríguez Lois anunciou que o partido apoiará as mobilizacións e actos da Plataforma ademais de levar iniciativas a todas as institucións _hoxe mesmo a Deputación aprobou unha moción e hai varias rexistradas no Parlamento_ para a defensa das tres áreas sanitarias na provincia ante a decisión da Xunta de integralas nunha soa que dependa de Lugo. Rodríguez Lois asegura que o obxectivo é evitar a “diminución de servizos” nas áreas de Burela e Monforte, “como xa se demostrou que sucede noutros sitios” que implantan este sistema. “Ten que quedar claro que nestes casos a calidade debe estar moi por riba da rendabilidade”, afirma.
“Non estamos dispostos a permitilo; se queren implantar a área sanitaria integrada porque ten beneficios que o fagan, pero por separado nas tres áreas de Burela, Monforte e Lugo”, incide o socialista, co que coincidiu Pilar Méndez, membro de SOS Sanidade Pública na Mariña, que pide “que cada área teña a súa xerencia” e advirte de que a diminución de servizos “non será dun día para outro, senón dun xeito progresivo e diminuirán a calidade na atención, os servizos e o número de facultativos”. Os membros das plataformas destacaron, asimesmo, as longas distancias que habería ata Lugo para os pacientes, “cunhas comunicacións que non son boas, polo que se poría en risco a súa vida”.
Distintos actos na Mariña e Lemos
Os socialistas acudirán mañá mércores pola tarde a unha reunión coa Plataforma en Burela, e apoiarán a cacerolada prevista para o sábado día 2 na Casa da Cultura do concello mariñán. Ademais, este xoves día 28 ás 20.00 horas SOS Sanidade Pública organiza un encontro informativo aberto á cidadanía na Casa da Cultura de Monforte, tal e como confirmou na reunión unha das representantes da Plataforma en Lemos, Maribel García.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



