Este mes a ruta de Paso Miúdo transcurreu por A Fonsagrada. Foi a ruta que fan todos os anos por estas datas e que remataron cun cocido. O percorrido transcorreu desde A Fonsagrada ata a Seimieira de Vilagocende, unha impresionante e sobrecolledora catarata altísima (50 metros segundo informa o Concello) que estaba enorme polas choivas e neves caídas estes días.
