QUEREMOS GALEGO VALORA COMO UN “EXITAZO” A MANIFESTACIÓN DO PASADO DOMINGO E ANUNCIA NOVAS ACCIÓNS EN DEFENSA DO GALEGO
Carlos Callón: “A enorme participación supón máis vento nas velas para continuarmos as mobilizacións en defensa da nosa lingua”
A plataforma continúa a recoller sinaturas a favor do manifesto “Queremos galego na escola”, que xa foi asinado por persoeiros como Manuel Rivas, Luís Iglesia, Comba Campoy, Mónica Caamaño, Agustín Fernández Paz ou Xosé Lois “O Carrabouxo”
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2013-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 700 entidades sociais de todos os ámbitos, valorou hoxe a manifestación celebrada o pasado domingo 27 de xaneiro como un “exitazo da sociedade galega” a favor da súa lingua. Para a plataforma cidadá, o enorme apoio mostrado nas rúas de Compostela é unha mostra máis da ampla adhesión social á lingua galega, que se une ás masivas manifestacións dos últimos catro anos, que foron as maiores mobilizacións da historia de Galiza en defensa do seu idioma.
“As mentiras de Núñez Feijóo teñen as pernas curtas”
A respecto do anuncio do goberno de Núñez Feijóo de recorrer ao Tribunal Supremo as sucesivas sentenzas do TSXG que deixan fóra da lei o núcleo central do mal chamado decreto do plurilingüismo, a plataforma sinala en primeiro lugar “como a mentira ten as pernas curtas”. Segundo declara o portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, “se Núñez Feijóo comezou dicindo que as sentenzas do TSXG lle daban a razón á Xunta, como é recorre unhas sentenzas que lle son favorábeis? É que nos toman por parvos?”
Ademais, segundo explica Callón, “é a primeira vez na historia da democracia, en todo o Estado español, que un goberno recorre aos tribunais en contra da súa propia lingua”. O portavoz de Queremos Galego tamén lembra que “o goberno de Núñez Feijóo vai malgastar diñeiro público nos tribunais en plena crise económica para atacar xustamente o que debería defender”. Ademais, salienta que “ataca o noso idioma, factor esencial da cohesión social, cando o precisamos tantísimo nestes tempos convulsos”.
A este malgasto de diñeiro público nos tribunais hai que lle sumar os millóns de euros que a Xunta queimou en libros de texto polo simple feito de estaren en galego e a intención do Goberno central de obrigar á Administración a pagar a educación privada do alumnado cuxos pais queiran garantir o suposto dereito á ignorancia na propia lingua, a través do proxecto de LOMCE, máis coñecida como Lei da Wertgoña.
Queremos Galego lembra tamén o estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística que sinala que nas cidades galegas o 95% da educación infantil se imparte exclusivamente en castelán, amparado polo decretazo contra o galego.
Calendario de mobilizacións
Despois do amplo respaldo social mostrado na manifestación do domingo, a plataforma cidadá continuará as accións en defensa do galego e está xa a traballar nun calendario de mobilizacións que inclúen a recollida de sinaturas a favor do manifesto Queremos Galego na Escola e actos en todas as comarcas de Galiza. Estas actividades culmirán coa convocatoria a toda a sociedade galega a participar o 17 de maio, precisamente o día no que se festexa o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, primeiro libro escrito integramente en galego e que marca un fito “na recuperación da identidade de Galiza”.
O manifesto “Queremos galego na escola” conta xa con 4.500 sinaturas na súa adhesión en liña, que inclúen persoeiros destacados da cultura e sociedade galega, como a actriz Mónica Caamaño, a actriz e xornalista Comba Campoy, o escritor e crego Xaquín Campo Freire, a directora e dramaturga María Armesto, os escritores Antón Riveiro Coello, Agustín Fernández Paz, Paco Martín, Xesús Rábade Paredes, Xosé Lois García, Manuel Rivas, Lois Diéguez, as escritoras Helena Villar Janeiro e Marilar Aleixandre, o humorista Xosé Lois González, os músicos Magín Blanco, ou a cineasta Margarita Ledo. Este manifesto pódese descargar da web queremosgalego.org ou asinar on-line.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



