Foz, 22 de febreiro de 2013. A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz organiza a segunda edición da Ruta dos Viños, que se vai desenvolver dende o día 23 deste mes de febreiro ata o 23 de marzo en 29 establecementos hostaleiros focenses. Entre os clientes que selen a tarxeta en tódolos locais participantes sortearanse varios premios: o primeiro é de 300 euros en vales de compra e diploma de “Ruteiro Maior”, ao segundo corresponderanlle 150 euros en vales de compra e haberá 4 premios de 100 euros cada un en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes.
O sorteo realizarase durante un programa de Radio Foz (107.4 FM) que se emitirá en directo o 26 de abril, venres, ás doce do mediodía.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, explica que “decidimos facer esta segunda ruta dos viños porque o ano pasado tivo unha boa acollida entre o público. Deste xeito queremos ir consolidando pouco a pouco aquelas actividades que organizamos e que axudan a fidelizar a clientela”. E anima “a todo o mundo a darse unha volta por Foz. Teñen un mes para selar a tarxeta en todos os locais da ruta e así poder entrar no sorteo dos vales en compra que poñemos en xogo”.
Locais participantes
Os 29 locais hostaleiros participantes son A Eskina, A Funcional, A Maseira, A Rambla, A Rula, A Viña, Bar A Bolera, Bar Acuario, Bar O Chícaro, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hotel Restaurante Leyton, Mesón O Tangarte, Namarinos, Pizzería Xoíña, Pub O Atabal, Restaurante As Brasas, Restaurante Bar O Lar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Mar, Restaurante O Tangarte Mariñeiro e Restaurante Portochico























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



