O REXEDOR DIXO QUE O RESULTADO DA MESA DE TRABALLO FOI MAIS BEN POBRE PORQUE OS REPRESENTANTES DO ESTADO E DA XUNTA NON ERAN OS MÁIS AXEITADOS
Ribadeo, 15 de febreiro de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, fixo esta mañá un balance da xuntanza institucional sobre a praia das Catedrais, que se celebrou onte no Concello e á que asistiu a directora xeral de Natureza e Biodiversidade da UE, Pia Bucella. O rexedor di que a visita deste cargo europeo é un paso moi importante, pero considera máis pobre o resultado da mesa de traballo porque os representantes do Estado e da Xunta non eran os máis axeitados. Fernando Suárez anuncia que desde o Concello de Ribadeo terán en conta as suxerencias do PP e do PSOE local para este areal e tratarán este asunto nun vindeiro pleno da Corporación Municipal.
Suárez Barcia dixo que “como conclusión de todos estes eventos que tivemos onte en presenza de Pía Bucella, a directora xeral da Comisión Europea no tocante a Medio Ambiente, Natureza e Biodiversidade, a praia das Catedrais foi protagonista absoluta e todo isto foi un paso adiante fundamental nunca dado en toda a historia.
Foi moi positiva a súa presenza, a implicación que ela tivo coa praia das Catedrais e eu espero que se vaian dando pasos cara adiante no futuro inmediato, que nos leven a pensar que en pouco tempo aquí ten que haber cousas importantes”.
O alcalde ribadense engadiu que “a pesares de que digo isto a reunión institucional de onte pola tarde foi bastante pobriña, porque os representantes das institucións quizás non eran os máis adecuados. Sí que había un alto nivel político nos representantes da Deputación Provincial de Lugo, pero non así do Estado e desde logo na Xunta de Galicia, que non mandaron máis que un técnico que o primeiro que dixo foi que lle parecía ben todo, pero que el se ía limitar a tomar nota e transmitir, porque era un funcionario e non un cargo político relevante que puidera tomar acordos”.
Fernando Suárez considera que “en todo caso e a pesares dese borrón en todo o día onte eu creo que nos vaia levar agora a que desde o Concello e desde o goberno municipal non teremos ningún problema en admitir unha serie de suxestións que tanto o PP como o PSOE locais plantexaron sobre a praia das Catedrais, que nós como goberno compartimos tamén plenamente e esperemos que poidamos ter un acordo de mínimos que poidamos debater e acordar no pleno municipal e que tamén sexa un documento de arranque para que se poida debater e aprobar tanto no pleno da Deputación Provincial de Lugo como no Parlamento Galego”.
O rexedor cre que “é unha tarefa de todos, aquí ninguén busca protagonismo, en todo caso o que estamos facendo é poñer de protagonista á praia das Catedrais porque o merece como fonte de riqueza turística para Ribadeo e para A Mariña de Lugo e tamén como monumento natural que merece unha protección e un plan de usos e de actuación coordinado entre todas as administracións implicadas”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



