O próximo mércores 27 de febreiro, o Teatro Colón (A Coruña) acollerá as actuacións de Lucía Aldao, Pedro Brandariz e a Coral Follas Novas, tres artistas que se xuntan por unha causa solidaria: darlle voz ás enfermidades raras.
A polifacética Lucía Aldao, á que levamos vendo estes meses na compaña de María Lado regalando poesía por toda Galicia, sorprenderanos esta noite na súa faceta de guitarrista mutante. Lucía como música, ten realizado varias performances co colectivo Maribolheras precárias e levou a cabo o proxecto musical alDDao xunto con Diego Delicado, que se estrenou coa versión She´s Lost Control de Joy Division
O humorista galego Pedro Brandariz, clown de vocación e coñecido polas súas intervencións en programas como Luar ou Para mariñeiros nós, entre outros, dará a nota de humor, tan necesario sempre. Pedro fai neste caso un oco na súa apretada axenda de actuacións para colaborar nesta gala solidaria.
Un ano máis a Coral Follas Novas colabora nesta Gala Benéfica baixo a dirección do mestre D. Julio Cabo Messeguer. A Coral, creada no 1930, ten no seu repertorio zarzuelas, poemas de Rosalía de Castro, cantatas etc que seguro se escoitarán na súa actuación.
O motivo da celebración deste evento é recaudar fondos para a Federación Galega de Enfermidades Raras (FEGEREC) e facer a véspera do Día Mundial das Enfermidades Raras unha festa. Por 6 euros poderemos disfrutar dun mércores pouco frecuente no Teatro Colón. Para asistir a esta Gala Benéfica pódense adquirir as entradas na páxina www.servinova.com (http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/varios/2145-ii-gala-benefica-dia-mundial-de-las-enfermedades-raras.html), no teléfono 902 504 500, na taquilla do Teatro Colón, na sede de Novacaixagalicia na Coruña e na Praza de Ourense.
Para aqueles que queiran colaborar coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas e non podan asistir, existe unha Fila 0 na conta do BBVA 0182-0547-83-0201530474.
Entre o 28 de febreiro e o 3 de marzo, FEGEREC colocará mesas informativas por toda a xeografía galega, para dar información sobre as enfermidades raras, de non poder achegarse a unha desas mesas informativas, poden chamar a FEGEREC no 981 234 651 ou escribindo a fegerec@cofc.es.