O humorista galego Xan Veiga ofrecerá este venres 15 de febreiro, na Sala Castelao de Lugo, un espectáculo cheo de risas e bo humor que comezará a medianoite e que terá un custe de 5 euros. A súa característica principal é a variedade de rexistros que emprega ó imitar voces de nenos, acentos estranxeiros, sons de animais ou cancións. Ademais de participar no programa Luar da TVG, realizou traballos tanto na radio, teatros, festas ou pubs.
