Varios membros da directiva de ACISA Ribadeo acudiron este mediodía a Gráficas Santiago para entregarlle un recoñecemento á súa propietaria, María Luisa Santiago, no 50 aniversario da posta en marcha da súa librería. Na cita participaron o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Roberto Rivas; o tesoureiro, Roberto Ramos, e a xerente do CCA, Beatriz Irigoyen, entre outros. María Luisa Santiago recibiu un ramo de flores e unha figura de cerámica de ACISA.
