A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de O Vicedo celebrará a seguinte charla: “Os primeiros pasos sobre cómo protexer o noso ordenador ou un recen
comprado”, co que se pretende informar e ensinar a como protexer minimamente un ordenador novo ou xa existente dos virus e malwares existentes hoxe en día. Ademais diso, o axente TIC da aula responderá as diversas cuestións plantexadas polos asistentes referentes a este tema. A xornada terá lugar o vindeiro día 15 de marzo ás oito da tarde.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores
dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse a aula CeMIT de O vicedo sita en Cidade de Mondoñedo Nº23, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 982590195, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.ovicedo@xunta.es