O presidente da Mesa (Carlos Callón), o secretario xeral de Kontseilua (Paul Bilbao) e o director do CIEMEN (Ricard Vilaregut) presentarán un manifesto no Congreso dos Deputados e reuniranse cos grupos parlamentares.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013.- Tres entidades de referencia en defensa do galego, o catalán e o vasco decidiron unir as súas voces para reclamar “que se deteña a contrarreforma educativa” e a “obsesión doentía e preconstitucional” de José Ignacio Wert contra as diferentes linguas do Estado. Así, A Mesa, o CIEMEN e Kontseilua presentarán mañá ás 11 h na Sala Campoamor do Congreso dos Deputados un manifesto no cal propoñen unha “alianza de axentes sociais, sindicais e políticos para lle pórmos freo a esta situación”, unha “alianza entre as nosas comunidades lingüísticas minoradas para construírmos un dique de contención ante este tipo de ataques”.
Con posterioridade, ás 11.30 h, o presidente da Mesa, o director do CIEMEN e o secretario xeral de Kontseilua manterán un encontro con representantes de diferentes grupos parlamentares para lle exporen a súa visión da situación. Callón, Bilbao e Vilaregut reclamarán “políticas lingüísticas de equidade que pasan por avanzar na normalización do uso e o coñecemento das nosas linguas, para as facer presentes nas administracións, na escola, os medios de comunicación, etc., e para conseguirmos que sexan o idioma común e de cohesión social no seu correspondente territorio”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



