A celebración das vésperas de San Xosé ten na cidade de Ferrol un tradicional e singular engado e brillantez, cun especial tinte romántico, pois arrodease dos elementos para que sexa así: a música, a nocturnidade e a moza belida asomada ó balcón. Na “Noite das Pepitas” grupos musicais- guitarras, laúdes, bandurrias e violíns- saen á rúa e rondan a estas coas súas cancións, percorrido que remata diante do concello e alí celébrase o anual concurso de rondallas. Ferrol foi, de sempre, terra de músicos; e a existencia de bandas militares non foi allea a tal realidade. Acaso algún lector lembre, con nós, nomes de vellas orquestras que tanto abundaron naquela bisbarra e que hai arredor de medio século gozaron de grande sona: “Bellas-López”, “López-Malde”, “Bellas-Farto”, “Saratoga”, “Copacabana”, “Beceiro”, “Lamas-La Piña”, “Los Players”, “Trébol”…Dende moi vello a afección coral prodigouse nos pobos da ría ferrolá, onde “Toxos e Frores”, decano dos coros galegos, nacía en 1915. O gusto por interpretar as tonadas de moda deriva á creación de colectivos que xorden cara ó Antroido e San Xosé. Moitos dos cantores eran traballadores dos estaleiros e o nome de Xosefa abundaba entre as familias e as noivas. Os grupos de amigos, que se xuntaban en barberías e tabernas, terían así ocasión de amosar o resultado das horas de ensaio, formando colectivos para ofrecer as melodías ás mulleres amadas e, acaso sen sabelo, dar orixe a un espectáculo coral e musical da maior aceptación popular, que aínda hoxe esperta grande interese.
Dende aquel fermoso vals de 1898, cuxos primeiros versos din: “ Cuando la luz duerme / el céfiro calla./ Si de una rondalla / oyes el rumor,/ escúchala y deja/ que su amante trova/ lleve hasta tu alcoba / los ecos de amor” ata hoxe, son centos as cancións que, dun xeito romántico, cortés e nostálxico, cantan a fermosura e o engado da muller ferrolá. Hai preto de 60 anos o cronista foi testemuño presencial…
Suso Fernández

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



