Academia A Mariña impartirá o vindeiro venres, 15 de marzo, un curso de motoserrista dirixido a toda persoa que traballe no desbroce de montes e tala de madeira como operario de serrarías enfocado á prevención de riscos laborais no manexo e mantemento destas ferramentas. O director do centro, Ramón Hermida explica que o curso ten 20 horas de duración e “as presenciais que serán totalmente prácticas, serán impartidas polo enxeñeiro de montes Juan Ramón López Ferreiro”. A formación será bonificada para os traballadores asalariados e de custe reducido para autónomos. Os interesados en obter máis información sobre este curso de motoserrista poden chamar ó número de teléfono 982 58 50 98.
Academia A Mariña impartirá o venres un curso de motoserrista
Academia A Mariña impartirá o venres un curso de motoserrista
Relacionado
-
Coa visita de mascotas, con doce, velas e menú conmemorativo tivo lugar a celebración do 6º aniversario da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo
-
Academia A Mariña acollerá o vindeiro martes, 17 de xuño, unha sesión informativa sobre o novo marco de colaboración entre empresas e entidades de formación no ámbito galego
-
O Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza unhas xornadas gratuítas de iniciación e diversión co volei