A edil de Educación asegura que “a estrada que pasa diante do colexio de San Ciprián é da Deputación. Por iso, é lóxico que cando falamos de aparcadoiros nesa zona, a competencia é da Deputación. Iso enténdeo todo o mundo, menos o PSOE”.
Cervo, 28 de marzo de 2013-A edil de Educación, Pilar Armada, lembroulle hoxe ao grupo municipal socialista que “só hai un proxecto que lle temos que agradecer encarecidamente á Xunta bipartita: que partise en dous o pavillón do CEIP Cervo nº1”. “Tivemos que agardar ao cambio de goberno e á entrada de Alberto Núñez Feijóo na Xunta para que os nenos e nenas do colexio de San Ciprián puidesen contar cun pavillón completo” engade Armada.
Con estas palabras responde a delegada de Educación ás críticas dos socialistas que lle piden á Xunta que financie un aparcadoiro neste centro. “Cada día sorprendémonos máis da falta de memoria dos socialistas, que esquecen o moito que lle temos que agradecer a unha Xunta que tivo que vir a solucionar un problema que nos deixou o bipartito” como foi completar o pavillón, “no que o Goberno autonómico investiu 400.000 euros”. Un importe ao que hai que sumar outros proxectos e reformas en instalacións educativas levadas a cabo polo Executivo galego.
Ao mesmo tempo, a edil de Educación tamén lle aconsella aos socialistas “que utilicen algo máis a lóxica” xa que cando reclaman un aparcadoiro no CEIP Cervo nº1 á Xunta, “equivócanse de administración onde facer as súas reclamacións”. A estrada que discorre diante do colexio é da Deputación e, polo tanto, a única que ten competencias nesa zona de afectación”. “Iso enténdeo todo o mundo” engade. Deste xeito, Armada recoméndalles que, “se queren facer algo pola educación de Cervo e emendar a desfeita do pavillón, agora é o momento de que asuman as súas responsabilidades”.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



