Ribadeo, 27 de marzo de 2013. A praia das Catedrais contará por primeira vez na semana santa cun punto de información turística para atender aos centos de turistas que estes días se achegarán ao areal. Este estará operativo desde mañá ata o domingo, 31 de marzo, segundo anuncia a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.
A edil nacionalista dixo que “para esta semana santa agardamos contar cunha afluencia importante de visitantes en Ribadeo, xa que as reservas andan polo 75%, incidindo fundamentalmente en venres e sábado, que son os días máis fortes”. E subliñou que “diante desta expectativa, da repercusión mediática nos últimos tempos da praia das Catedrais e da experiencia doutras semanas santas nas que o areal se chegou a colapsar, este ano por primeira vez o Concello, con axuda da Deputación de Lugo, abrirá unha oficina de turismo na mesma praia, fora do que é a tempada de verán. Este punto de información estará operativo xa desde mañá xoves ata o vindeiro domingo, 31 de marzo, e tamén as fins de semana ata o mes de xullo como reforzo á oficina de turismo que temos en Ribadeo e que por suposto estará aberta todos os festivos desta semana santa para dar información a cantos visitantes se acheguen ao noso concello”. Xa no verán o punto de información turística das Catedrais abrirá a diario.
Ana Martínez sinalou que “no Concello entendemos que o aproveitamento turístico do que supón a afluencia da praia das Catedrais de tantos visitantes que se achegan a ela é moi importante para o noso comercio e para a nosa hostalería, polo que esta oficina de información turística do areal dará información sobre As Catedrais, pero tamén do conxunto do concello en global”. A concelleira de Turismo lembrou que “en moitas ocasións a xente que se achega a este areal pola falla de información no mesmo sitio non visita outros puntos de interese en Ribadeo, que tamén son ben fermosos tanto na costa coma no interior. Cremos que non debemos desaproveitar que a xente que ven á praia das Catedrais, que xa está en Ribadeo, para convidalos a seguir entre nós e a desfrutar da ría, das nosas rutas, da gastronomía, do comercio… que desfruten de Ribadeo, xa que para nós é unha aposta importante o turismo coma unha fonte para a nosa economía, para o noso comercio e a nosa hostalería”.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



