A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña impartiu ao alumnado de 4º de ESO e 4º PDC o día 7 de marzo unha charla divulgativa co obxectivo de sensibilizalo ás enfermidades mentais. “Mentálizate” é unha campaña para informar e sensibilizar aos mozos/as sobre saúde mental. Esta actividade que se desenvolve a nivel nacional vai dirixida fundamentalemente aos rapaces de entre 14 e 20 anos. Sonia Nogueiras Oroza, psicóloga do centro de axuda ao enfermo mental, e Vanesa García Cayón, educadora social, explicaron ó alumnado que a enfermidade mental é unha patoloxía severa e persistente, que en parte pode previrse coa axuda de todos, colaborando na detección precoz de síntomas, educando en habilidades interpersoais para previr as condutas de risco (como o consumo de cannabis e outras drogas), e fomentando hábitos de vida saudables. Ademais, fixeron especial fincapé nunha actitude positiva cara aquelas persoas que padecen unha enfermidade mental e cara os seus familiares co propósito de evitar e eliminar a discriminación e prexuízos cara estas persoas.
























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



