A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convocou esta concentración na Praza da Mariña de Burela para proclamar o seu rexeitamento aos anuncios da Consellaría de Sanidade sobre a creación dunha área de xestión integrada que faría desaparecer a capacidade de xestión autónoma do Hospital da Costa de Burela.
Centos de persoas apoiaron esta protesta que coincidiu co Congreso Provincial que o PPdG celebrou na Casa da Cultura de Burela. Ademais dos berros e as pancartas, os manifestantes trasladaban a súa mensaxe entre sons de cacerolas, bucinas e silbatos. Á protesta sobre a sanidade pública xuntouse a que protagonizaron os afectados polas preferentes, ambas no medio de fortes medidas de seguridade.
Moción de apoio
Agora a idea das tres plataformas na defensa da sanidade pública de Lugo é promover iniciativas no conxunto dos concellos da provincia. As Plataformas na Defensa da Sanidade Pública de Monforte, Lugo e A Mariña acordaron levar adiante unha moción de apoio ás súas demandas que no caso das da Mariña e Monforte son coincidentes no mantemento da autonomía de xestión fronte a un decreto de xestión integrada de carácter provincial, así como maior investimento nos servizos sanitarios primarios e especializados en ambas áreas de saúde. No caso de Lugo a iniciativa demandará os servizos de radioterapia, hemodinámica e medicina nuclear para o HULA porque non poden seguir permitindo que un hospital de esas características non conte con estes servizos que aforrarían á poboación desprazamentos innecesarios a outros hospitais da comunidade.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



