O centro social de Cangas acolle unha charla médica titulada “Terceira idade e saúde”. O acto contará cunha mesa redonda na que participarán: o traumatólogo Dr. Solís, o neurólogo Dr. López Díaz, o cardiólogo Dr. Lombán e a directora médica Dra. Laura Ballesta que será a encargada de moderar o debate. Esta cita terá lugar o xoves día 7 de marzo ás 20.00 horas. Organiza a AA.VV. San Pedro de Cangas, o Concello de Foz, OMIC e Hospital da Costa.
