Cervo, 26 de marzo de 2013-A Concellería de Educación informou hoxe do comezo das obras de substitución do antigo canalón de recollida de augas pluviais situado no pavillón polideportivo do CEIP Cervo. Uns traballos aos que o Concello destina uns 3.000 euros a través de fondos integramente municipais. En concreto, estanse instalando un total de 50 metros de canalón de aceiro galvanizado.
Esta obra fora solicitada pola Asociación de Nais e Pais do centro e para o Concello é “moi importante xa que estamos falando dunha infraestrutura como é o pavillón, na que os nenos e nenas xogan e desenvolven numerosas actividades” tal e como explica a edil de Educación e Obras, Pilar Armada. Neste caso, facíase necesario cambiar o antigo canalón, xa deteriorado, e colocar un novo para evitar goteiras.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as edís Pilar Armada e Yolanda Pedreira e membros da ANPA achegáronse hoxe ata o centro para comprobar o desenvolvemento das obras, que previsiblemente finalizarán mañá e, en todo caso, antes do remate das vacacións escolares de Semana Santa.
Armada destacou que esta obra está enmarcada nun proxecto máis amplo de conservación das instalacións educativas “co que pretendemos axudar e colaborar cos centros para seguir mellorando e mantendo o benestar do alumnado nos centros escolares”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



