Santiago, 7 de febreiro de 2013.- O presidente de Portos de Galicia confirmou hoxe, contestando a preguntas do deputado popular José Manuel Balseiro, que a Xunta xa ten en licitación a obra de dragaxe do porto de Foz e que será executada nesta primavera. O titular do ente público autonómico ratificou que o Goberno galego mantén plenamente vixentes os seus compromisos co sector profesional e náutico recreativo de Foz e cos mandatos promovidos polo Grupo Popular no Parlamento de Galicia, instando á realización desta obra.
O deputado popular interesouse -a través dunha pregunta parlamentaria que foi obxecto de análise na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego- polos trámites pendentes desta actuación que lembrou ten grande interese dado que a progresiva acumulación de sedimentos areosos vén reducindo de xeito significativo o calado do porto e da canle de acceso, dificultando as manobras de entrada e saída das embarcacións tanto pesqueiras como recreativas.
“Portos de Galicia ten xa en licitación a obra. Actualmente, abríronse xa os sobres A e B e as ofertas están pendentes de ser avaliadas tecnicamente. Posteriormente, como corresponde avaliarase a oferta económica para proceder a conseguinte adxudicación da obra e á súa execución, que está previsto que se poida realizar nesta primavera”- confirmou José Juan Durán.
MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS
Tanto José Manuel Balseiro como o propio presidente de Portos, José Juan Durán, lembraron nas súas intervencións que a dragaxe que agora ten previsto acometerse é a de maior envergadura realizada na ría de Foz e sumada á anterior dá como resultado un investimento de relevancia, de máis de medio millón de euros, que no contexto económico actual son de gran relevancia, pero que teñen por obxecto priorizar as actuacións dirixidas a solventar os problemas de calado desta ría.
MOTIVOS DA DILACIÓN
A preguntas de José Manuel Balserio o presidente de Portos de Galicia tamén confirmou que os motivos que levaron a dilatar no tempo da tramitación da obra. En concreto, explicou que foi obrigatorio afrontar na tramitación previa da actuación de dragaxe do porto de Foz unha avaliación ambiental reforzada e especialmente complexa e rigorosa dado que no estuario focense converxen tres catalogacións ambientais europeas: Lugar de Interés Comunitario (LIC), Zona de Especial Protección Ambietal (ZEPA) e Rede Natura.
De feito avalouse unha proposta de variación do punto de vertido a unha zona diferente á inicialmente elixida. Os usuarios do porto e nomeadamente o colectivo profesional querían levar os sedimentos a Fondás, co propósito de que servisen para a rexeneración dos fondos marítimos, bancos marisqueiros e areais. Sen embargo, a tramitación ambiental desta opción revelou que non era viable, polo que se volveu á proposta inicial de punto de vertido en Arealonga
OUTRAS MELLORAS
Finalmente, en resposta a José Manuel Balseiro, o presidente de Portos tamén confirmou que nas últimas semanas a Xunta finalizou unha actuación de reforzo da seguridade peonil, a través da construción dunha pasarela voada no bordo portuario, na que se investiron 50.000 euros.
“Así conseguiuse a ampliación da beirarrúa na zona en 1,40 metros, reforzando a seguridade de todos os usuarios do porto, peóns e vehículos. Así mesmo mellorase a seguridade viaria coa modificación das direccións de circulación, reconducindo o tráfico de vehículos por unha vía de dobre sentido” –dixo José Juan Durán. Estes traballos implicaron ademais a retirada dos 150 metros lineais de varanda de aceiro inoxidable e a posterior recolocación na pasarela xa ampliada. Para completar o acondicionamento da zona instalarase tamén mobiliario urbano, composto por papeleiras e xardineiras.
Finalmente e de xeito consensuado co Concello de Foz, Portos de Galicia está a definir accións de integración entre a vila e as instalacións portuarias e preparando melloras no plan de usos en vigor. Máis en concreto estase a tramitar a redacción dun Plan Especial, que permita tamén desenvolver novos proxectos de infraestruturas no entorno portuario e impulsar o turismo de lecer nesta zona.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



