O pasado sábado, día 9 de marzo, na Casa da Cultura de Alfoz, celebráronse dous actos culturais. En primeiro lugar a psicóloga clínica Susana Fernández, deu unha charla sobre as vidas de 25 mulleres destacadas da historia da humanidade; esta charla foi co gallo da celebración do Día da Muller, o pasado día 8. A continuación, continuando co I Festival de Cine de Alfoz, proxectáronse 5 películas de Miguel García, de Mondoñedo, na súa segunda xornada. Ó final da proxección o Delegado de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Antón Veiga, fixo entrega a Miguel García dun agasallo por parte da organización do Festival. Organiza o Seminario de Estudos do Valadouro e colaboran a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz.
