MERITORIA SEGUNDA PARTE DOS LARANXAS ANTE O CAMPIÓN DE ESPAÑA (2-7)
Vista Alegre viviu un espectáculo dentro e fóra da pista. Con cheo histórico nas gradas, o Burela FS Pescados Rubén de Juanlu apuntou maneiras ante o FC Barceona FS Alusport (2-7), nunha cita na que os locais foron de menos a máis, cunha meritoria segunda parte na que puideron xerar perigo e mitigar o tsunami do líder.
O tres veces campión da Copa de España chegou a Burela para non especular. Coa serenidade dos grandes conseguiu colocarse 0-2 xa antes de cumprirse o minuto 3 de xogo, con doblete de Wilde, nun rechace (minuto 1) e ó revolverse dentro da área laranxa (minuto 2). Esta desvantaxe pesoulles en exceso aos burelistas, moi cautos en ataque e con certos desaxustes comunicativos. Edu tivo a portería moi activa; no 13, puido desbaratar unha gran ocasión dos blaugranas, pero poucos segundos despois Fernandao antou o 0-3, aproveitando un saque de esquina na área laranxa; o 0-4, un minuto máis tarde, chegou tamén desde a esquina, empuxando Eric Martel ó segundo pau. Co paso dos minutos os mariñáns puideron achegarse á meta de Cristian, aínda que con imprecisións. As ocasións máis claras para os burelistas protagonizounas o vivairense Christian, pola banda, nos minutos 10 e 17. No 18, os cataláns, subiron o 0-5 cun dobre penalti de Sergio Lozano, ante o que Edu non puido facer nada.
O descanso proporcionou ó Burela FS Pescados Rubén aire fresco, ideas, garra e intensidade. Con máis perigo, avisou Iago Míguez no minuto 22, cun mísil que superou a Cristian pero interpúxoselle o pau, e despois Cesinha. Foi precisamente o brasileiro o que asistiu ó burelés un minuto máis tarde para subir o 1-5 ó electrónico. Máis acertados en ataque, os mariñáns adiantaron as súas filas, incluso provocando certo erros dos barceloneses. Non obstante, a perfección visitante volveu a deixar huella, tras un saque de esquina no que Wilde cedeu o balón a Torras para marcar o 1-6 por encima de Edu (minuto 26). Os burelistas lanzáronse a por un novo gol; as tentativas de Hugo e Iago Míguez, rondando o ecuador, desencadearon na pegada de Matamoros, cunha volea tras saque de esquina. Era o 2-6 e os galegos estaban máis enchufados que nunca; puideron reducir distancias no 30, nunha serie de rechaces nas que o esférico se desesperou contra os paus e entón chegou de novo o toque goleador do Barcelona, con 2-7 (minuto 33) de Gabriel nunha xogada de estratexia, tras falta ó borde da área local. Na recta final a defensa laranxa e Edu conseguiron frear a avalancha blaugrana con Fernandao como artillería na primeira liña.
Homenaxe ó deportivista Fran
A cita de Vista Alegre contou cun invitado de luxo nas gradas, o exdeportivista internacional Fran González, que foi nomeado socio de honra do club laranxa e realizou o saque de honor do encontro.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Iago Míguez, Juanma e Matamoros, no cinco inicial; tamén xogaron Hugo, Cesinha, Isi, Christian
FC Barcelona Alusport: Cristian, Wilde, Aicardo, Torras y Lin, no cinco inicial; tamén xogaron Fernandao, Gabriel, Sergio Lozano, Saad, Eric Martel, Tolrá
Goles: 0-1, minuto 1, Wilde; 0-2, minuto 2, Wilde; 0-3, minuto 13, Fernandao; 0-4, minuto 14, Eric Martel; 0-5, minuto 18, Sergio Lozano (d.p.), 1-5, minuto 23, Iago Míguez; 1-6, minuto 26, Torras; 2-6, minuto 29, Matamoros; 2-7, minuto 33, Gabriel.
Árbitros: Carlos del Pozo y Abel López (Madrid)
Tarxetas: Por Burela FS a Cesinha (minuto 8), Mimi (minuto 13)
Incidencias: Partido correspondente á 18ª xornada de Primeira División, en Vista Alegre; realizou el saque de honor o exfutbolista internacional do RC Deportivo de La Coruña, Fran González. Máis de 1400 espectadores, venta de entradas esgotada.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
