O Burela FS Pescados Rubén conseguiu esta tarde un valiosísimo punto ante o histórico ElPozo Murcia (1-1) nun Vista Alegre repleto de cantos de ánimo. A seriedade sobre a pista da escuadra laranxa mantivo baixo control o vendaval levantino, ata con vantaxe no marcador ata o 35, e rozou a perfección nos últimos vinte minutos, con aparicións estelares de Edu. Os de Juanlu finalizan así o seu particular Tourmalet ante a tríada do podio, con boa nota; dous empates na dúas últimas xornadas que lles permiten abandonar o farol vermello e situarse un punto por encima do seu próximo rival, Colegios Arenas Gáldar (8), ao que visitarán o sábado 23, e empatados con Puertollano (9).
Os pupilos de Juanlu plantaron cara ao todopoderoso ElPozo Murcia sen amilanarse. Ante unha presión asfixiante dos visitantes, os laranxas non quixeron ceder nadiña de nada de terreo. Mostráronse serios en defensa e con ganas de sorprender na área rival, con multitude de atrancos interpostos polos de Dúbida. O primeiro perigo claro dos de Murcia chegou no minuto 8, nun pase longo de Miguelín a Álex na liña de meta, ao que chegou tarde; un minuto despois o disparo afastado de Grello chocou co pau e a tentativa de Bebe foi desarmada pola defensa laranxa, con Edu no chan. Volveu aparecer Bebe no 13 de lonxe contra o pau, cuxo rexeitamento a punto estivo de aproveitar de novo ElPozo ao bordo da área. Edu tivo que velas tamén con Franklin (14) e Miguelín (17). As ocasións máis claras para os laranxas, fronte a unha titánica resistencia do rival, foron de Matamoros (minuto 11) e Juanma (17). Iago Míguez tamén xerou certo incerteza nun par de chegadas na medianía desta primeira parte.
Tras o descanso, con fame de gol, ElPozo intensificou a súa avidez. Antes de cumprirse o 22, o Burela FS xa tivera a coraxe e forza suficientes para desbaratar tres embestidas seguidas: Iago Míguez freou a Miguelín fóra da área laranxa; a defensa burelista parou un disparo de Bebe, desde saque de esquina de Adri, e este volveu intentalo de novo desde córner directo ao segundo pau. Unha falta de Matamoros a punto estivo de sorprender a Raúl, nun bote falso segundos despois, sen éxito. A garantía de Edu neutralizó tamén o perigo do mísil de Adri, o man a man con Grello, no 25, e a Paulinho (26). Segundos despois, o pichichi laranxa desencadeaba a éxtase en Vista Alegre poñendo o 1-0, ao aproveitar o pase de Juanma nunha falta con barreira. As pulsacións axitábanse na bancada de Burela, que berrou un espectacular contraataque de Hugo, no 27, que se desinflou ás portas da meta de Raúl. Roldando o ecuador da segunda parte, os galegos tiveron a oportunidade de ouro para o 2-0 nun pase longo de Matamoros ao que non chegou Christian. Con cinco faltas para os de Dúbida, Grello puxo a camiseta de porteiro xogador, no minuto 35, para subir Bebe, segundos despois, o 1-1. Continuaron os visitantes con xogo de cinco, pero onde non estaba a defensa laranxa, estaba o infranqueable Edu. No 38, volveu a oportunidade dos locais a balón parado, nun dobre penalti que dirixiu Juanma e foi pegar ao corpo de Raúl. Os intensísimos segundos da recta final deixaron a histórica igualada en Burela.
Partido correspondente á 20ª xornada de Primeira División en Vista Alegre, presidido pola máxima autoridade da LNFS, Javier Lozano, e o seu homólogo na FGF, José García Liñares. En torno a 1.400 espectadores.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu,Iago Míguez, Mimi, Isi e Matamoros; tamén xogaron Hugo, Juanma, Cesinha, Christian, Nacho Pedraza.
ElPozo Murcia FS: Raúl, Bebe, Adri, Juampi e Franklin; tamén xogaron Álex, Miguelín, José Ruiz, Franklin, Paulinho.
Goles: 1-0, minuto 26, Matamoros; 1-1, minuto 35, Bebe.
Tarxetas: Por Burela FS, amarela para Edu (minuto 5), Nacho Pedraza (minuto 35).
Árbitros: Sanzol Goñi e Urdanoz Apezteguia (Navarra).

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
