Lourenzá, 4 de marzo de 2013. O Concello de Lourenzá organiza unha exposición e a proxección dunha película para celebrar o Día Internacional da Muller, que se conmemora este venres, 8 de marzo.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que a proxección da película, que está programada para o propio día 8 ás cinco da tarde no salón de actos do Concello, “será conducida pola educadora familiar, Dolores Vilasuso, que fará a presentación cunha pequena sinopse e será comentada ao remate da mesma. A película que se proxectará é Tomates verdes fritos que, baixo o lema O segredo da vida, o segredo está na salsa, desenrola unha historia baseada na amizade entre unha muller de mediana idade que se sinte frustrada polo sobrepeso e pola relación insatisfeita que mantén co seu marido e unha anciá que vive nunha residencia. Os temas principais desta película son a amizade e a solidariedade entre mulleres, a vellez e a experiencia como fonte de sabedoría, as frustracións e os problemas de identidade do modelo tradicional de muller e a relación entre a discriminación racial e a violencia de xénero. Polo tanto esta é unha película que dende o departamento de Servizos Sociais valoraron como moi axeitada para render homenaxe a todas as mulleres, non só do noso concello senón ás mulleres en xeral”.
Por outra banda, dende este venres, 8 de marzo, ata o día 22 deste mes en horario de tarde, de 17 a 20 horas, na sala de exposicións da casa de cultura do Concello poderase ver a mostra titulada Mulleres no obxectivo, que “recolle 23 fotografías de fotoperiodistas galegos e galegas que tratan de sacar á luz desde unha óptica da normalidade e do respecto ás imaxes que nos acercan ao día a día das mulleres e a súa relación cotiá co traballo ao longo da historia e a conciliación da vida familiar e laboral. Dentro da mostra inclúese unha peza audiovisual, Mulleres xx, sobre as mulleres galegas e o traballo, que toma por nome o cromosoma feminino e mostra ás primeiras traballadoras do sector téxtil, do conserveiro, as primeiras redeiras, as mestras, as lavandeiras, as médicas, as periodistas, … desde o pasado ata a actualidade. Ademais o vídeo, que contén como eixe temático a progresión das mulleres en distintos postos laborais ata chegar ao punto actual, conta con testemuñas e valoracións deste camiño percorrido realizadas por mulleres de recoñecido prestixio polo seu traballo en distintos campos da actividade económica, intelectual e social”, explicou Emma Álvarez, quen lembrou que este DVD será proxectado todos os días, de luns a venres, dende o 8 ata o 22 de marzo ás sete da tarde no salón de actos.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



