O pentatleta Internacional mariñán Cristóbal Rodríguez adxudicouse o pasado domingo o Open Nacional de San Boi de Pentatlón Moderno na categoría sénior-absoluta tras unha boa competición.
A participación do multideportista da cidade do Landro comezou cunha segunda posición na proba de natación, pegado ao portugués Daniel Lopes. Na proba de esgrima o mariñán venceu por un total ós eu favor de 25 combates gañado se oito derrotas coas que non se mostraba especialmente contento, pes ea vencer nesta proba por atoparse lento coa espada que o achaca ó intenso adestramento ó que está sometido este ciclo; xa quen a proba Combinada (tiro e carreira) na que os pentatletas coa nova normativa entrada en vigor fai pouco tempo, o pentatleta pasa de correr tres mil metros a realizar catro series de oitocentos metros que suman un total de tres mil douscentos metros e teñen que derribar en medias vinte brancos. Nesta modalidade o mariñán tamén foi o máis rápido; aínda que recoñece que non tirou demasiado ben polo que tivo que empregarse n acarreira para compensar o tiro. Así, chegaba ó ultimo parcial de oitocentos con catro pentatletas saíndo do tiro: o portugués Daniel Lopez, o catalán Andy Sanz, o canario Ángel Ceballos e o galego Cristóbal Rodrígue. Neste tramo pechouse a batalla polo triunfo no último tramo de catrocentos metros entre Daniel Lopes que tratou de aguantar o ritmo a un Cristóbal que correu por debaixo dos cincuenta á equivalencia de mil, o que ocasionou que o deportista portugués perdera a posición e por detrás se beneficiara o canario quedando o podio final formado por Cristóbal Rodríguez, Ángel Ceballos e Daniel Lopes.
Rodríguez volvía a establecer unha nova marca de 4.480 puntos sen sumar a hípica por 4.240 de Ceballos e 4.144 puntos de Daniel Lopes.
O mariñán mostrábase contento aínda que recoñecía que aínda esta pesado, pois os últimos meses debido ó intenso traballo físico gañou cinco quilos de músculo ó que terá que acostumarse segundo os seus técnicos. Nestes momentos os parámetros de Rodríguez son 1,92 metros de altura, 80 quilos de peso cunha envergadura de 2,03 e 40 pulsacións en repouso.
Primeira fase do Campionato de España xuvenil
Nesta competición as categorías ata xuvenís competiron pola primeira fase do Campionato de España por autonomía sonde Galicia conquistou nove medallas e a mariñá Yolanda Rodríguez conquistou o quinto posto coa selección.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
