Mondoñedo, 5 de marzo de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo advirte ao equipo de goberno local dunha necesaria revisión da instalación da rede municipal de abastecemento de auga, tralos problemas que se están a producir en varias parroquias do municipio.
Os populares explican que a pasada semana veciños do barrio de Moural, en Santa María Maior, non dispoñían dun servizo óptimo de auga, xa que chegaba as casas cun aspecto escurecido. Pese a que a empresa de mantemento deu resposta con axilidade a incidencia, a agua segue a saír turbia.
Esta situación, segundo aseguran os populares, dificulta o día a día dos veciños, sobre todo daqueles que non dispoñen dunha fonte propia que permita a súa utilización mentres non se solvente definitivamente os problemas na traída de auga municipal.
O Partido Popular lembra que esta non é a única parroquia que sufre problemas coa traída de auga municipal. Os populares denunciaron en varias ocasións o servizo deficiente que ofrece o concello en Masma, xa que ademais de sufrir a carencia deste servizo durante os meses de verán e de seca, durante o inverno ou días de choiva a auga chega as billas particulares con lodo.
Dende o Partido Popular tamén aseguran que existen outros barrios que manifestaron incidencias no abastecemento de auga, polo que estudarán estas demandas e pedirán as actuacións oportunas para darlles solucións.
Deste xeito, os populares perciben que as incidencias que se están a dar poñen de manifesto a necesidade de levar a cabo unha revisión na instalación da traída de auga municipal que abastece a varias parroquias.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



