• Elena Candia lembra que o PP local ten un proxecto para reordenar os recursos turísticos locais froito dun traballo en común con establecementos hoteleiros, empresas privadas e particulares
• A voceira popular asegura que o seu grupo está disposto a aportar este traballo así como espera que se lle acepten as súas alegacións
• Os populares esperan receptividade por parte do rexedor local para dinamizar, a través da “unión de ideas e do consenso”, o turismo ao que se refiren como “un valor indiscutible para Mondoñedo”
• Neste senso, os populares demandan a maior implicación posible dos axentes privados, o aproveitamento dos recursos existentes e a rendibilización dos medios económicos dispoñibles
Mondoñedo, 30 de marzo de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo ofrécelle ao goberno local bipartito traballar conxuntamente no deseño do Plan para o Fomento do Turismo e suxírelles así ao PSOE e ao BNG a inclusión de propostas aprobadas xa polo sector.
A voceira do PP local, Elena Candia, lembra que o seu partido leva tempo a traballar nun proxecto dinamizador do turismo local, que procura reordenar os recursos que ofrece a localidade. Así, á folla de ruta promovida polo PP sumáronse apoios de establecementos hoteleiros, empresas privadas e particulares, plantexando ata tres paquetes turísticos a comercializar.
Cun proxecto na man aprobado polo sector, Elena Candia explica que o seu partido está disposto a aportar este traballo así como espera que se lle acepten as súas alegacións. A popular considera necesaria a “unión de ideas e o consenso” para acadar un repunte do turismo local ao que se refire como “un valor indiscutible para a localidade”.
O PP desexa a receptividade por parte do rexedor local e sendo consciente que as actuacións dinamizadores do turismo se deben facer da man do equipo de goberno, os populares intentarán que a maior parte do seu proxecto se inclúa no plan do Concello. Así, a voceira popular asegura que dende a humildade e sendo un traballo desinteresado de moitos axentes “é de xustiza a súa inclusión”.
Alegacións
Polo tanto, os populares ofrecen o seu apoio e traballo co único obxecto de que con constancia e a implicación de todos se plantexen obxectivos realizables. Para conseguir un produto común e único, os populares propoñen unha serie de alegacións. Entre elas, dende o PP demandan a maior participación posible dos axentes privades, entre eles touroperadores, casas de turismo rural, hoteis, restaurantes e empresas de ocio. Así, consideran que a curto prazo é prioritario levar a cabo un Farm Trip (viaxe de familiarización cos axentes).
Dende o Grupo Popular local tamén destacan a importancia de non abrir novas rutas turísticas e explotar e sacarlles rendemento ás xa existentes, evitando así que se produzan abandonos como a da Ruta da Auga.
Os populares botan en falla un maior aproveitamento dos recursos, polo que piden nas súas alegacións a posta en valor do entorno e dos eventos cos que conta a localidade (rapa das bestas, Semana Santa, Feiras, Mercado Medieval…).
Aproveitamento dos recursos económicos
Os populares lembran que a elaboración das directrices para o Plan Estratéxico do Turismo de Mondoñedo supuxo un custo de preto de 4.000 euros, ao que se lle suma a pretensión de gastos de 77.500 euros solicitados á Deputación para o Plan de Acción Turística, xunto aos 150.000 euros para o centro de Interpretación da Prehistoria.
Ante esta elevada contía de diñeiro público, os populares anuncian que serán estritos e esixentes co resultado produtivo deste diñeiro.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



