Un total de 250 familias dos municipios de Ribadeo, Palas de Rei, Guitiriz, Quiroga e Ortigueira participaron no programa de autocompostaxe de Sogama, conseguindo acreditar a través do mesmo as vantaxes ambientais, económicas e sociais que trae consigo unha iniciativa destas características.
O reparto de recipientes para o compost, a formación dos mestres composteiros e a entrega de material didáctico e divulgativo ás familias participantes marcou o inicio deste proxecto que contou co apoio e seguimento do gobernos locais.
As mostras de compost analizadas acreditan que practicamente todos os parámetros se sitúan dentro da normalidade e adecúanse á normativa vixente.
Santiago, 29 de marzo de 2013.- O primeiro compost obtido trala implantación, da man de Sogama, dun programa de compostaxe doméstica en 250 vivendas unifamiliares pertencentes aos concellos lucenses de Guitiriz, Quiroga, Palas de Rei e Ribadeo, ademais do coruñés de Ortigueira, sáldase cun balance positivo, reunindo todos os requisitos de calidade recollidos na normativa vixente para ser aplicado ao solo con absolutas garantías. De acordo cos parámetros establecidos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e tras ser analizado polo Laboratorio Grupo de Investigación GI-1649 da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo da USC, dependente do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), foi catalogado como Clase A.
Formación e medios materiais
O proxecto arrancaba o pasado mes de maio trala distribución, por parte desta empresa pública, dun total de 50 composteiros por localidade para que os fogares que voluntariamente decidiran participar no mesmo puidesen fabricar o seu propio abono a partir da materia orgánica xerada, evitando desta forma que en torno ao 40-60 por cento dos residuos producidos fosen depositados, xunto coa fracción non reciclable, nos contedores verdes convencionais.
De forma paralela, levouse a cabo un curso de formación dirixido aos representantes municipais que asumiron o rol de mestres composteiros, encargándose posteriormente de ensinar a técnica ás familias incorporadas ao sistema e de efectuar un seguimento de todo o proceso, que estivo reforzado co reparto de material didáctico e divulgativo (carteis e manuais fundamentalmente) no que se describían os pasos a seguir para que a veciñanza adscrita a esta iniciativa obtivese uns resultados favorables. O obxectivo último non era outro que o de pechar o ciclo de reciclaxe da materia orgánica en orixe e aproveitala integramente na vivenda como fertilizante natural para hortas, xardíns e terras de cultivo.
Os composteiros, de 360 litros de capacidade e fabricados con material reciclado e reciclable, axudaron aos participantes a levar a cabo un proceso máis hixiénico e controlado. Simultaneamente, os concellos repartiron entre os veciños bolsas de cores reutilizables de 20 litros de capacidade cada unha, elaboradas a partir de polipropileno reciclado, coa pretensión de facer máis cómoda a selección de refugallos en orixe, intentando así mellorar as taxas de reciclado a nivel municipal; un logro que non só traerá consigo compensacións medioambientais a nivel de aforro de enerxía e materias primas, senón tamén económicas, incrementándose os ingresos para as arcas locais en función da cantidade e calidade do material remitido aos centros recicladores, e minorando o importe da factura a pagar a Sogama.
Satisfacción co programa
Pero, máis aló dos beneficios ambientais e económicos, a autocompostaxe tamén trae consigo significativos beneficios sociais, xa que evita os continuos desprazamentos que a poboación do rural, habitualmente envellecida, debe realizar ata os contedores, polo xeral afastados das vivendas debido á alta dispersión da poboación. Así mesmo, demostrouse que este tipo de proxectos non supoñen ningún esforzo adicional para a veciñanza do medio rural, xa que a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e fabricación de compost forma parte do seu acervo cultural, permitindo que o programa, agora modernizado, se adapte plenamente ao estilo de vida da cidadanía.
A satisfacción co programa foi a tónica habitual nos cinco municipios. É por iso que, debido á alta demanda de composteiros e á existencia de listas de espera, algunhas localidades se estén formulando dar continuidade a esta iniciativa.
Resultados do compost analizado
Transcorridos máis de seis meses desde o inicio oficial do programa, procedeuse ao análise do compost obtido, concluíndo a súa idoneidade como enmenda orgánica. Para proceder ao seu estudo, recolléronse 25 mostras distribuídas entre os cinco concellos participantes, avaliando parámetros tales como o pH e a densidade, que se atopan dentro da normalidade, así como a relación carbono/nitróxeno, considerada axeitada, sendo un importante indicador do grado de madurez do compost.
En canto a nutrientes tales como o fósforo, potasio, calcio, magnesio e sodio, todos eles posiciónanse dentro dos rangos normais, o mesmo que a granulometría, indicando os informes que o 98,12 por cento do produto pasaría por unha malla de 10 mm (no Real Decreto 824/2005 establécese que, alomenos, o 90 por cento debería pasar por unha malla destas características).
Quizais o punto máis delicado foi o contido de humidade, lixeiramente superior aos valores medios desexados, podendo deberse este desvío ás frecuentes choivas dos últimos tempos. É por iso que se recomendou aos usuarios que deixen secar o compost extraído antes de proceder á aplicación do mesmo.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



