Os deputados socialistas de Lugo trasladarán a “preocupación cidadá” por un modelo de área sanitaria integrada “que está a desintegrar os hospitais comarcais” e que vai “camiño do modelo sanitario de privatización de Madrid”.
“É esa a maneira que ten a Xunta de potenciar a Galicia interior?”, pregúntanse, e lembran que “a palabra do señor Feijóo empeza a ter o mesmo valor que as accións de Bankia, e iso na forte crise que vivimos pode ser demoledor”.
Os deputados do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo Concepción Burgo, Carlos González Santín, Vicente Docasar e José Ramón Val, presentaron unha pregunta oral polo trámite de urxencia que será debatida no Pleno do Parlamento este mércores ante “a preocupación e incerteza existente nos cidadáns polo futuro da área integrada en Lugo”, unha xestión única que afecta ás áreas de Burela e Monforte. González Santín exporá a iniciativa para que sexa explicado “o engano levado a cabo polo señor Feijóo, tendo en conta a palabra dada polo presidente da Xunta”, que se comprometeu en campaña ante os cidadáns a non levar a cabo a área sanitaria única na provincia.
“De novo temos a poboación dunha provincia conmocionada ante unha decisión que vai adoptar o Goberno galego”, di o socialista, nun cambio que “suporá que os hospitais comarcais de Monforte e Burela, que hoxe son autónomos, pasarán a depender do Hospital de Lugo, e que a Xerencia na capital decidirá sobre as necesidades sanitarias desas dúas grandes comarcas que atenden a preto de 120.000 persoas”, explica González Santín. O deputado lembra que xa se coñecen os resultados que está a dar o modelo de área integrada noutras zonas, de aí a “preocupación” de que se extenda tamén en Lugo, que con esta decisión “vai camiño do modelo sanitario de privatización de Madrid”.
“Están creando unhas áreas integradas que non cumpren precisamente con esa función integradora anunciada. A Atención Primaria e a Atención Hospitalaria seguen sen unificar e conectar pero, sen embargo, si están desintegrando os hospitais comarcais. Agora xa é unha evidencia que as áreas integradas creadas están funcionando mal e están a provocar o desmantelamento dos hospitais máis pequenos, mentres a Atención Primaria continúa descolgada”, argumenta. Ademais, esta medida está provocando “un profundo rexeitamento social” entre a cidadanía, porque a área única “suporá para a xente que reside nas comarcas da Mariña e Lemos a perda de servizos e largos e custosos desprazamentos para recibir unha atención sanitaria de calidade”, engade.
O socialista destaca así mesmo que na profunda crise actual tampouco se pode desprezar “a grande importancia económica que os hospitais de Monforte e Burela teñen nas súas respectivas áreas de influencia”, nas que “xa se están a desmantelar as poucas empresas e servizos” existentes. “É esa a maneira que ten a Xunta de potenciar a Galicia do interior?”, pregúntanse os socialistas, que afirman que “se pode dicir, xa con contundencia, que a palabra do Sr. Feijóo empeza a ter o mesmo valor que as accións de Bankia, e iso, neste tempo de forte crise económica que estamos a vivir, pode ser demoledor”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



