O pasado día 19 de marzo os representantes do Partido Popular de Burela no Concello sacan unha nota de prensa na que se loaban do cumprimento do Plan de Axuste presentado ante o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos manifestar que a realidade é teimuda, é despois de ver e estudar o informe de Intervención de fecha 5 de marzo, feito dende a propia Intervención Municipal, non entendemos o gran contento que existe nos representantes do Partido Popular de Burela no Concello, xa que ese informe lonxe de corroborar o que din, manifesta que hai prácticas pouco regulamentarias na actuación do “desgoberno” municipal. E pasamos a citar ó que máis nos chamou a atención do citado informe:
1º.- Non se seguen os procedementos regulamentario no pago de facturas, e citamos literal: “esta intervención se atopa xa coas facturas emitidas sen poder levar a cabo unha fiscalización previa dos gastos”. É dicir, páganse facturas de importe superior a 3.000 euros sen tramitar unha proposta de gastos, nin a petición de outros presupostos por parte do concelleiro ou xefe de servizo como marca a regulamentación. Danse ós cartos público a criterio non sabemos de quen, sen mirar de conseguir as ofertas máis rendibles para o Concello.
2º.- Páganse facturas que superan os importes legais (superiores a 18.000 euros) sen facer ningún tipo de contrato público como marca a lei, e citamos literal: “Esta Intervención considera que se debería regular o procedemento de adquisición deste material (ferretería, transporte, etc…) mediante a formalización de contrato de suministro, ben por lotes ou pola totalidade do material necesario”. Dende o PSdG-PSOE imos a preguntar a quen se lle aboan este tipo de gastos, por curiosidade, e para coñecemento de todos os veciños e veciñas de Burela.
3º.- Non se segue unha orde estrita de pagos e indica que: “non sempre se segue a orde estrita de tramitación e aprobación de recoñecemento de obrigas”. É dicir,as facturas que interesan páganse antes e as que non quedan no caixón, non sabemos os criterios que se seguen para estas prácticas. ¿Algunha explicación se terá que dar con respecto a este asunto?.
4º.- Como este equipo de “desgoberno” non formaliza convenios con ninguén. “Asúmense gastos de entidades privadas que incumpren a lei de subvencións de Galicia que fan que se discriminen as distintas entidades existentes no municipio así como unha aplicación ineficaz dos recursos públicos”. Entendemos que alguén debe de explicar como se están a dar subvencións enmascaradas e ocultas, e os criterios que se teñan para dalas, e explicar ás asociacións porque a unhas si e a outras non.
5º.- “Reitera,unha vez máis, as recomendacións xa emitidas noutros informes de Intervención en canto á redución do gasto corrente e aumentar a liquidez do Concello”.
6º.- Indica que o Plan de Axuste do que se presume na citada nota de prensa emitida polos representantes do Partido Popular, “en moitos dos seus apartados se está a incumprir”.
Dende o PSdG-PSOE de Burela entendemos que alguén está a ocultar a realidade do Concello ós veciños e veciñas de Burela, e entendemos que alguén lles está a mentir, á vista dos feitos. Pedimos que alguén de unha explicación a isto, pero supoñemos que como en outras ocasións nas que levamos pedido explicacións a diferentes asuntos usarase a táctica da avestruz, e dicir, esconder a cabeza no chan como se o asunto non fora con eles e non darlle ós veciños e veciñas de Burela unha explicación real do que está a pasar no Concello de Burela cos cartos de todos, sae moito máis rendible para o equipo de “desgoberno” negar a maior e non dar explicacións, ou montar circos mediáticos que intenten esconder unha realidade que nós, en todo caso, imos a denunciar e criticar.
Coma en anteriores comunicados poñemos a disposición de todos os veciños e veciñas a documentación que corrobora que o dicimos é a realidade.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



