O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, ven de preguntar no pleno de hoxe polo xeito en que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, vai explicar á cidadanía da comarca de Lemos e da Mariña a súa incorporación á Área Integrada de Lugo, pasando a ser asignados ao Hospital de Lugo.
Isto basicamente quere dicir que a partires desta unificación será a Xerencia do Hospital de Lugo, na capital da provincia, decidirá sobre as necesidades sanitarias desas dúas grandes comarcas, con hospitais comarcais que atenden a preto de 120.000 persoas.
Os socialistas levan así ao debate parlamentario, polo procedemento de pregunta urxente en Pleno, a preocupación e a incerteza existente nos cidadáns destas comarcas polo futuro da área integrada en Lugo.
“Coñecemos xa o resultado que está dando este modelo de área integrada”, apunta González, pois xa foi imposta noutras zonas sanitarias de Galicia, e por iso “preocúpanos que se amplíe tamén a Lugo”. Para o socialista, estas áreas non cumpren coa función integradora anunciada.
O parlamentario socialista asegura que as áreas integradas “están funcionando mal e están a provocar o desmantelamento dos hospitais comarcais, mentres a Atención Primaria continúa descolgada”.
Denunciou que a área integrada de Lugo, como área única, suporá a perda de servizos nas comarcas da Mariña e Lemos. Os hospitais comarcais converteranse en hospitais de especialidades, derivando paulatinamente aos doentes ao HULA, isto vai levar a que se colapsen os servizos de urxencias de este hospital como pasa noutros hospitais das provincias galegas.
Outra consecuencia salientada polo parlamentario lugués é a redución de especialistas, obrigando aos doentes a maiores desprazamentos “ se ben agora non será o SERGAS o que teña que pagar o desprazamento”, dixo en alusión ao copago do transporte sanitario.
González Santín chamou tamén a atención sobre outras consecuencias engadidas á perda da calidade asistencial que afectaría ás comarcas da Mariña e Lemos de instaurarse a área integrada.
“Pretende aforrar recortando persoal sanitario” recriminou o deputado socialista a Rocío Mosquera. Pero esquece o Goberno de Feijóo que estes hospitais comarcais, ademais da calidade asistencial que ofrecen, son nas súas respectivas áreas de influencia “unha das principais empresas da comarca tanto en emprego directo como indirecto”. Por iso, “o recorte que pretenden transformarase en máis paro e recesión”, advertiu González Santín á conselleira. A xente, ademais de ter que desprazarse para recibir atención sanitaria, perderán un motor económico da comarca.
O parlamentario socialista propuxo que se manteñan as tres áreas sanitarias de Lugo, Monforte e Burela. Que a Xestión Integrada de Primaria Hospitalaria se centre en cada un dos hospitais comarcais, respectando o actual mapa sanitario. Tres xerencias autónomas e con orzamentos independentes. Os socialistas esixen que non se baleiren de contido estas áreas sanitarias.
“Os veciños de Lugo xa sufrimos outro incumprimento de Feijóo” dixo en referencia á derivación cara A Coruña ou Santiago das doenzas cardíacas e de cancro pola ausencia de Hemodinámica e Radioloxía no HULA. González Santín esixiu a Mosquera que “rectifique, que aínda está a tempo”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



