Lugo 8 de marzo de 2013.- O recen reelixido presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, presidiu esta tarde a constitución do Comité Executivo e a posterior Xunta Directiva Provincial na que quedou ratificado dito comité.
Continúa á fronte da Secretaría Xeral, o mariñán José Manuel Balseiro e entre as principais novidades figuran a creación da Presidencia de Honra, que recae na figura de Manuela López Besteiro, “unha muller cunha importancia vital na provincia e que a día de hoxe é a impulsora do movemento senior”.
Outras das novidades é posta en marcha de catro vicesecretarías que as pasan a ocupar dous homes e dúas mulleres: Raquel Arias, Delegada da Xunta en Lugo; Elena Candia, Voceira do PP na Deputación; Jaime Castiñeira, voceiro do PP no Concello de Lugo e Ramón Carballo, Subdelegado do Goberno na provincia.
Para desenvolver unha política de maior proximidade, José Manuel Barreiro, optou por fundar a figura dos coordinadores comarcais. Son os seguintes: en A Mariña: José María González Barcia; en Fonsagrada: Antonio Fernández; en Chantada: Ramiro Moure; en Lugo: Antonio Muíña; en Lemos: José Luis Álvarez; en Terra Chá: Gerardo Criado; en A Montaña: Jesús Manuel Núñez; en Meira: Ramiro Pérez; en A Ulloa: Javier Varela e en Sarria: José Antonio García.
A portavocía pasa a ocupala a monfortina Julia Rodríguez, actual voceira do PP en Monforte e Deputada Autonómica e a Secretaría da Organización recae no Presidente de Sogama, Luis Lamas.
Nos actos de hoxe, no que José Manuel Barreiro estivo arroupado por tódolos integrantes, dáse por constituído o Comité Executivo do PP lucense que manterá xuntanzas constantes.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



