A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, presidiu a recepción que o Concello de Burela lles ofreceu ao alumnado alemáns que estes días participan nun intercambio co IES Perdouro, dentro do programa de mobilidade IdA Explorer! Estes rapaces e rapazas realizarán prácticas durante un mes no noso país.
