Un total de 120 ciclistas participaron este domingo na IV Ruta Medela de cicloturismo que, un ano máis, “demostrou ser un éxito de convocatoria e de organización” explica o edil de Deportes, Luis Guillén. Unha cita deportiva que vai aumentando ano a ano en número de participantes: “Hai que ter en conta que moitos dos ciclistas que acoden unha vez repiten nos anos seguintes” engade Guillén, tal e como ocorreu nesta cuarta edición.
A situación meteorolóxica foi favorable, o que tamén contribuíu a que a xornada se desenvolvese sen incidentes e nun ambiente distendido e amigable. Unha ruta que se completou segundo o previsto, partindo ás 9:30 horas da piscina municipal de Lieiro e volvendo ao mesmo punto de inicio ás 15:30 horas despois de pasar por distintos núcleos cervenses e lugares emblemáticos como o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos ou o paseo dos Namorados e que se detivo en Castelo para facer un descanso a medio camiño e repoñer forzas co habitual avituallamento. Un percorrido de dificultade media e de 38 quilómetros de lonxitude recomendado para federados e deportistas habituais que rematou cunha comida en grupo nas inmediacións da piscina.
“Despois de catro edicións rexistrando unha boa acollida, con ciclistas de distintas partes de Galicia e de Asturias, podemos dicir que este encontro deportivo e de lecer está consolidado” explica o edil de Deportes. Guillén asegura que “o Club Medela MTB tivera unha moi boa iniciativa cando comezara a organizar con ilusión unha ruta en bicicleta polo concello e que agora é un evento cada vez máis coñecido no mundo do cicloturismo” remata o edil. Unha ruta que foi organizada por este club coa colaboración do Concello de Cervo, a Deputación, Fundación Alcoa e Rodabell.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
