Unifoz, quere manifestar a súa disposición para consensuar uns orzamentos municipais, “uns orzamentos pensados en sacar a Foz, na situación de parálise e abandono a que nos ten sometidos o PP de Foz”.
O grupo municipal defende de igual xeito que o fixo o ano pasado, un documento de orzamentos serio, crible e pensando nas obrigas do propio concello e nas necesidades máis urxentes:
–Plan de emprego. Para Unifoz, é algo máis que un diñeiro nunha partida, por ese motivo, queren un plan de emprego que responda: ás necesidades do pobo para reforzar servizos (turismo, biblio-praia, axuda no Fogar, limpeza, coidado de zonas verdes, rozado de pistas, socorrismo, electricista); inclusión de persoas con e sen titulación e xoves; e, bases pactadas na Corporación, onde se garanta, publicidade, mérito e capacidade, e situación social.
–RPT. Unifoz, considera que o pago do 30 % da RPT non é unha subida, senón unha débeda do concello cos traballadores/as , e que a aplicación da RPT ten que estar contemplada no orzamento, en cumprimento do acordo da corporación o pasado 25 de febreiro de 2010 porque do contrario podería presentarse reclamación.
–Aforro. O grupo independente considera que é necesario un plan de aforro. Neste senso, seguen seguen pedindo que se traballe en compostaxe, para diminuír a factura de Sogama (250.000 €). Tamén falan de aforro enerxético para diminuír a factura de consumo e mantemento (550.000 €), “que mentres están apagando luces, seguimos permitindo que o alumeado público estea acendido de día”.
–Melloras na recadación. Unifoz considera que é posible recadar máis sen gravar con máis impostos aos veciños, simplemente coa aplicación máis rigorosa e xusta das ordenanzas.
–Non privatización de servizos. O grupo municipal independente non votará a consignación presupostaria para privatizar os servizos de mantemento de xardíns porque considera que “coa plantilla municipal, co plan de emprego, e coa colaboración do Obradoiro de Emprego, e reorganización puntual do persoal de outros servizos, hai medios suficientes para facer eses traballos”.
–Inversións. Unifoz é consciente de que hai poucas posibilidades económicas para facer inversións, pero dentro dese marxe, “é posible por anualidades facer compra adquisición de terreos dos Castros en San Martiño”.
Como resumo, Unifoz, quere dicirlle ao equipo de goberno que se leva a cabo o plan de emprego con 60.000 € (-20.000 €)de achega municipal e buscan axudas de outras administracións, “eliminamos os 36.000 € en privatizacións propostos polo equipo de goberno e mantemos a cantidade en produtividade do ano pasado, poñemos os gastos en festas en 40.000 €,(a esta cantidade sumaráselle a achega privada) xa dispoñemos para aplicar a RPT na súa totalidade”.
Así pois, Unifoz, considera que é cuestión de vontade, pois aínda que recoñecen que é un ano economicamente axustado hai marxa para cumprir os compromisos cos veciños e cos empregados do concello. Finalmente sinalan que non votarán a favor da aprobación de ningunha factura que quedara fóra de contabilidade do ano 2012 por gastos en festas por consideralo unha “irresponsabilidade do alcalde e o seu equipo”.